Adenilato ciclase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 24:
 
==AC de clase III==
Estas AC son as máis coñecidas polos intensos estudos realizados sobre elas debido aos seus importantes papeis na saúde humana. Tamén se encontran nalgunhas bacterias, notablemente en ''[[Mycobacterium tuberculosis]]'', na cal parecen ter un papel clave na súa patoxénese. A maioría das AC-III son [[proteína integral de membrana|proteínas de membrana integrais]] implicadas na [[transdución de sinais]] extracelular para dar respostas intracelulares. O funcionamento xeral das adenilato ciclases humanas é o seguinte: As adenilato ciclases son a miúdo activadas ou inhibidas por proteínas G, que están acopladas a receptores de memnbranamembrana e así poden responder aos estímulos hormonais. Cando se activa a adenilato ciclase, prodúcese AMP cíclico, que funciona como [[segundo mensaxeiro]] (o primeiro é a hormona), que interacciona e regula a outras proteínas como a [[proteína quinase A]] e os [[canal HCN|canais iónicos de apertura regulada por nucleótidos cíclicos]].
 
Concedéuselle o [[premio Nobel]] a Earl Sutherland en 1971 polo descubrimento do papel clave da AC-III no fígado humano, onde a [[adrenalina]] estimula indirectamente a AC para que se mobilice a enerxía almacenada na resposta de "loita ou fuxida". O efecto da adrenalina exércese por medio da fervenza de sinalización da [[proteína G]], a cal transmite sinais químicos desde fóra da célula a través da membrana ata o interior da célula ([[citoplasma]]). O sinal externo (neste caso, a adrenalina) únese a un receptor, o csl transmite un sinal á proteína G, que á súa vez transmite un sinal á adenilato ciclase, e esta converte o [[adenosina trifosfato|ATP]] en [[adenosina monofosfato cíclica|AMPc]]. O AMPc funciona como o que se chama un segundo mensaxeiro.<ref name="Campbell">{{cite book | author = Reece J, Campbell N | title = Biology | publisher = Benjamin Cummings | location = San Francisco | year = 2002 | pages = 207 | isbn = 0-8053-6624-5 }}</ref>