Adenilato ciclase: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
}}
 
A '''adenilato ciclase''' (AC, {{EC number|4.6.1.1}}), tamén chamada '''adenilil ciclase''' ou '''adenil ciclase''', é un [[encima]] que exerce unha función reguladora esencial na célula. É o encima máis [[polifilético]] coñecido, xa que se descubriron seis clases deste encima, todas as cales catalizan a mesma reacción pero representan familias de [[xene]]s que non están relacionados entre si e non presentan homoloxía estrutural ou de secuencia. A mellor coñecida das clases de adenilato ciclase é a clase III ou AC-III (utilízanse números romanos para as clases). A AC-III está amplamente distribuída entre os [[eukarya|eucariotas]] e ten funcións importantes en moitos tecidos humanos.
 
Todas as clases de AC [[catálise|catalizan]] a conversión de [[adenosina trifosfato|ATP]] a [[AMP cíclico|AMP 3',5'-cíclico]] (AMPc) e [[pirofosfato]]. Xeralmente cómpren [[catión]]s divalentes (normalmente Mg<sup>2+</sup>) para que teña lugar a reacción e parecen estar moi implicados no mecanismo encimático. O AMPc producido pola AC serve despois como sinal regulatorio que actúa por medio de proteínas que se unen ao AMPc, como poden ser [[factor de transcrición|factores de transcrición]] ou outros encimas como, por exemplo, [[quinase]]s dependentes do AMPc. No mecanismo de acción das [[hormona]]s que activan a AC, o AMPc denomínase [[segundo mensaxeiro]] (o primeiro mensaxeiro é a hormona).