Diferenzas entre revisións de «Gran Val do Rift»

sen resumo de edición
m (Península de Arabia)
Sem resumo de edição
A parte norte do Rift fórmaa o val do [[río Xordán]], que corre cara ao sur dende o [[lago Hula]] e o [[mar de Galilea]] ata o [[mar Morto]], dende alí o Rift ocúpao o [[Wadi Arabah]] e despois o [[golfo de Aqaba]] e o [[mar Vermello]].
 
No Triángulo afar ou Depresión de Danakil ten lugar a confluencia de tres placas, a de Arabia e as dúas africanas, a nubia e a somalí. Na desembocadura sur do Mar Vermello o Rift ten unha bifurcación: o [[golfo de Adén]] cara ao leste que se corresponde coa división entre a [[Península de Arabia|península arábiga]] e África e continúa como parte da cordal central do Océano Índico; a outra ponla segue para o suroeste por [[XibutíDjibuti]], para se separar entre o Val do Rift occidental e o Val do Rift oriental, que abrangue [[Etiopía]], [[Quenia]] e [[Tanzania]], o [[Lago Niasa]] e o [[río Chire]], terminando no [[Zambeze]], aquí sitúanse algunhas das montañas máis altas de África, como os [[Montes Virunga]], os [[Montes Mitumba]] e os [[Montes Ruwenzori]], e os [[lagos do Val do Rift]].
 
En Tanzania, un pouco ao norte do Lago Niasa, o val divídese unha vez máis, cunha póla que segue para o noroeste e despois para o norte, formando o lago Tanganica que fai fronteira entre a [[República Democrática do Congo]] e Tanzania e [[Burundi]], segue polo [[lago Kivu]] que separa [[Ruanda]] do Congo, os lagos [[Lago Eduardo|Eduardo]] e [[Lago Alberte|Alberte]], cunha das nacentes do [[Nilo]] que o separan de [[Uganda]], coñecido como Rift occidental ou albertino, onde se atopan a maioría dos [[grandes lagos Africanos]] xa mencionados. O [[lago Vitoria]] atópase entre os dous ramos do Val do Rift.