Lingua irlandesa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 50:
 
== Dialectos ==
O irlandés ten moitos dialectos diferentes. Basicamente, existen tres áreas dialectais principais, que coinciden coas provincias de [[Munster]], [[Connacht]] e [[ÚlsterUlster]].
 
=== Dialectos de Munster ===
Liña 61:
 
=== Dialectos de Connacht ===
O dialecto máis forte do irlandés de Connacht é o de [[Connemara]] e as [[Illas de Arán]]. En certos aspectos, este dialecto é bastante diferente do irlandés xeral de Connacht, mais dado que a maioría dos dialectos de Connacht desapareceron durante o século pasado, o irlandés de Connemara se identifica actualmente co irlandés de Connact. Moito máis preto do irlandés tradicional de Connacht é o dialecto, moi ameazado, que se fala na rexión fronteiriza entre Galway e Mayo. O irlandés de [[Tourmakeady]], no sur de Mayo e o País de [[Joyce]], considéranse os dialectos vivos máis próximos do irlandés medieval. Tamén, os dialectos do norte de Mayo de [[Erris]] e [[Achill]] son, gramaticalmente e morfoloxicamente, esencialmente dialectos de Connacht, se ben mostran afinidade léxica co irlandés do ÚlsterUlster, debido á inmigración masiva que seguiu á [[Plantación do ÚlsterUlster]].
 
O irlandés de Connemara é moi popular entre os estudantes, grazas ao manual de auto-aprendizaxe de [[Mícheál Ó Siadhail]]. Porén, certos trazos fican fora do padrón oficial, en particular a terminación dos nomes deverbais en -achan, como ''lagachan'' en vez de ''lagú'', "debilitamento". A pronuncia non padrón, con vogais alongadas e terminacións moi reducidas, dálle ao irlandés de Connemara o seu sotaque distintivo.
Liña 69:
O irlandés de Connacht está máis estendido que os demais dialectos, dado que a maioría dos falantes de irlandés proveñen de alí.
 
=== Dialectos do ÚlsterUlster ===
O dialecto máis importante do [[ÚlsterUlster]] na actualidade é o de [[Rosses]], moi utilizado na literatura por autores como [[Séamus Ó Grianna]] e [[Seosamh Mac Grianna]]. É esencialmente o mesmo de [[Gweedore]], de onde proveñen a cantante [[Enya]] e o seu antigo grupo [[Clannad]].
 
O irlandés do ÚlsterUlster soa moi diferente e comparte varios trazos específicos co [[gaélico escocés]]. Conta tamén con moitas palabras características e matices de significado. Porén, debido ao declinio dos dialectos irlandeses falados na actual [[Irlanda do Norte]], resulta probabelmente unha esaxeración ver o irlandés do ÚlsterUlster como forma intermedia entre o gaélico escocés e os dialectos do sur e oeste de Irlanda. En efecto, o gaélico escocés conta con moitos trazos que non aparecen no ÚlsterUlster mais si no Munster.
 
Unha característica notábel do irlandés do ÚlsterUlster é a utilización da partícula negativa ''cha(n)'', en lugar das que se usan no Munster e Connaught, ''ní''. Mesmo no ÚlsterUlster, ''cha(n)'', tan típica do gaélico escocés, substituíu á máis común ''ní'' só nos dialectos máis orientais (que inclúen os xa extintos na Irlanda do Norte). A práctica parece ser que ''cha(n)'' se utiliza sobre todo ao respostar a unha afirmación, tanto para confirmar unha afirmación negativa (''Níl aon mhaith ann'' - ''Chan fhuil, leoga'' = "Non é bon" - "Seguro que non o é") como para refutar unha afirmativa (''Tá sé go maith'' - ''Chan fhuil!'' = "É bon" - "Non, non o é!"), mentres que ''ní'' se prefire para contestar a unha pregunta (''An bhfuil aon mhaith ann?'' - ''Níl'' = "É bon?" - "Non").
 
=== Outras rexións ===
Liña 87:
=== Comparacións ===
As diferenzas entre dialectos son notábeis e teñen provocado dificultades á hora de definir o irlandés normativo. Mesmo frases cotiás poden mostrar unha sorprendente variabilidade dialectal. O exemplo máis común é "Como estás?":
* ÚlsterUlster: ''Cad é mar atá tú?'' ("Que é como estás ti?" Nota. ''caidé'' ou ''goidé'' e, as veces, ''dé'' son variantes de ''cad é'')
* Connacht: ''Cén chaoi a bhfuil tú?'' ("De que maneira [é]] que estás ti?")
* Munster: ''Conas taoi?'' ou ''Conas tánn tú?'' ("Como estás ti?")
* Irlandés normativo: ''Conas atá tú?'' ("Como estás ti?")
 
Recentemente, porén, o contacto entre os falantes dos distintos dialectos tense feito máis frecuente e teñen aparecido dialectos mixtos. Porén, moitos falantes de dialectos (especialmente no ÚlsterUlster) prefiren feramente conservar a súa variante contra influencias doutros dialectos. Os acentos rexionais ensínanse habitualmente aos non nativos, que os imitan.
 
=== Shelta ===