Contido eliminado Contido engadido
Liña 170:
 
:Na páxina de [[Wikipedia:Votacións]] no apartado [[Wikipedia:Votacións|Prazos e número de votos]] veñen as diferencias do proceso de votación para un tipo de artigo e outro. O que eu propoño é que como os artigos de calidade (que son os que teñen a estreliña cando o ves nas interwikis) son máis difícil de aprobar, podan ser elixidos como destacados para que aparezan na portada unha vez que sexan elixidos como artigos de calidade. Non o fago por poñerme medallas o por ponerllas a outro, o único que pensaba cando fixen a proposta era facilitar un proceso na escolla dos artigos destacados, partindo do punto de que como dí Lameiro, os artigos de calidade xa serían ''cum laude''. --[[Usuario:AMPERIO|AMPERIO]] ([[Conversa usuario:AMPERIO|conversa]]) 3 de abril de 2014 ás 10:56 (UTC)
 
== Votación en Galilibros e outras cousas ==
 
Ola Lmbuga. Entendo perfectamente a túa argumentación e comparto a túa proposta, así que moito ánimo e moita sorte nese proxecto que queres levar adiante. Pola miña parte, retirei o voto porque penso que o normal é que falen outros usuarios (de Galilibros ou de Galipedia) máis experimentados. De feito, cando votei nin sequera sabía que noutros proxectos, como Galipedia, había que ter un mínimo de edicións para votar, etc., etc. (entereime o día seguinte). Teño ganas de facer cousas pero xa vexo que as wiki son un mundo inxente e complicado, no que é mellor ir paso a paso e sen precipitarse. Sen embargo, reitero persoalmente o meu apoio á túa idea, que entendo perfectamente xustificada. Aproveito para comentarche outras cousas: a idea de Galilibros gústame, así que quizais teñamos a oportunidade de colaborar por alí. Unha cuestión, que quizais me poidas orientar: ¿Galilibros está pensado para libros de texto para estudantes de primaria/secundaria ou tamén para libros científicos propiamente, de investigación, fontes "primarias", digamos? Creo que en inglés está separado wikibooks e wikiversity, pero supoño que en galego é todo un, non? Para poñer o proxecto a andar estaría ben facer un deseño mínimo de políticas, así que se volves a administrador e tes tempo e precisas axuda ou diálogo, podes contar comigo, na medida das miñas posibilidades. Outra cuestión: eu tamén traballo nun centro educativo e ás veces temos problemas de bloqueos por vandalismo, pero é un problema das IP's da Xunta, que son comúns a moitos centros. Hoxe precisamente houbo un bloqueo global que me fastidiou dúas clases. A ti tamén che pasa iso? Non é algo que sexa para sempre, pero molesta. Ás veces, incluso polos tipos de vandalismo se pode detectar o centro que é. Os rapaces son tan inocentes que deixan nomes e apelidos en edicións vandálicas (hoxe topei dous casos de Galicia), así que se pode rastrexar de que centro veñen. Iso, obviamente, non significa que eses rapaces sexan culpables, pero si da pistas sobre se poden ser eles ou xente da súa clase ou idade. Cando é un bloqueo local non pasa nada, pero un bloqueo global... algunha medida haberá que tratar de tomar. No noso centro son sempre maiores de 18, así que sabemos que en xeral o vandalismo non é deles (espero!), pero obviamente os centros educativos da Xunta implicados nas wikis estamos obrigados a entendernos. Era simplemente por compartir a experiencia e saber cal é a túa ó respecto. Nada máis. Apertas e moita sorte.--[[Usuario:AArizaga|AArizaga]] ([[Conversa usuario:AArizaga|conversa]]) 3 de abril de 2014 ás 16:49 (UTC)