Diferenzas entre revisións de «Rivers Cuomo»

lig ints
(lig int)
(lig ints)
}}
 
'''Rivers Cuomo''', nado en [[Nova York]] o [[13 de xuño]] de [[1970]] en [[Nova York]], é un músico [[EUA|estadounidense]]. É o líder, guitarrista, vocalista e compositor da banda de [[rock alternativo]] [[Weezer]].
 
==Traxectoria==
Cuomo, o cal comezou a súa viaxe musical baixo o pseudónimo de "Peter Kitts", formou unha banda de metal progresivo chamada Avant Garde, e fixo varios concertos en [[Connecticut]]. El mudouse coa banda aaos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] en marzo de [[1989]], e Avant Garde cambiou o seu nome a Zoom, que foi disolta a finais da primevera de [[1990]].
 
===Weezer===
{{AP|Weezer}}
Despois dunha serie de proxectos musicais nos [[Os Ánxeles - Los Angeles|Ánxeles]], Cuomo formou [[Weezer]] o [[14 de febreiro]] de [[1992]] con [[Pat Wilson]], [[Matt Sharp]] e [[Jason Cropper]]. Jason deixou a banda durante a gravación do seu primeiro disco e [[Brian Bell]] ocupou o seu lugar. Weezer asinou un contrato coa DGC, pertencente á Geffen Records, o [[25 de xuño]] de [[1993]]. Comezaron a gravación de ''Weezer'' (tamén coñecido coma ''The Blue Album'') en agosto de [[1993]] nos estudos Electric Lady en [[Nova York]] co produtor Ric Ocasek. Logo dalgúns álbums máis editados, o éxito comercial rotundo da banda chegaría en [[2000]], coa canción "Island In The Sun", incluída no ''Green Album''. Tras este disco, saíu ó mercado ''Maladroit'' ([[2001]]).
 
Despois dun parón de catro anos, durante os cales Cuomo volveu á universidade, [[Weezer]] editou en [[2005]] o que é polo de agora o seu último traballo, ''Make Believe''.