Magyar Televízió: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 33:
== Historia ==
=== MTV durante a República Popular de Hungría ===
As primeiras probas de Magyar Televízió tiveron lugar en [[1954]], pero non foi ata o [[23 de febreiro]] de [[1957]] cando comezaron as emisións regulares da televisión de Hungría. A inauguración oficial da canle produciuse o [[1 de maio]] de [[1957]], coa emisión dun desfile militar do Exército húngaro, e desde o [[2 de xullo]] dese mesmo ano empezaron a emitirse programas diarios de información. Nese tempo MTV formaba parte da radio pública húngara, [[Magyar Rádió]].<ref name="historiaoficial">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=196476|título=Hungarian Television: our History|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|data=|autor=|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref> Desde a súa creación e ata o final da [[República Popular de Hungría]] en [[1989]], Magyar Televízió estivo controlada por completo polo Estado.<ref name="hungaro1">{{cita web|url=http://mek.oszk.hu/02100/02185/html/516.html|título=A Magyar Televízió története|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|data=|autor=|editor=Magyar Electronikus Konyvtar|lingua=húngaro}}</ref>
 
Nos seus primeiros anos Magyar Televízió foi unha das cadeas de televisión máis activas de Europa do Leste, e foi unha das impulsoras dunha plataforma de televisións públicas da órbita socialista, distinta á [[Unión Europea de Radiodifusión]] (UER), que servise para intercambiar programas. Deste xeito, MTV foi un dos catro grupos fundadores da [[Organización Internacional de Radio e Televisión]] (OIRT) xunto a [[Checoslovaquia]], [[República Democrática de Alemá|Alemaña Oriental]] e [[Polonia]].
 
Nos seguintes anos, o desenvolvemento de MTV continuou coas primeiras emisións en cor en [[1967]], a creación dunha segunda canle en [[1971]], e a separación en dúas entidades independentes de Magyar Televízió e [[Magyar Rádió]] en [[1974]].<ref name="historiaoficial"/> Outros avances significativos foron a creación do [[teletexto]] en [[1981]],<ref name="hungaro1"/> as desconexións territoriales para provincias tres anos despois, e a chegada de programas estranxeiros de países occidentais como as [[telenovela]]s.
 
=== MTV durante a República de Hungría ===
Coa caída do réxime socialista e o nacemento da [[República de Hungría]] en [[1989]], Magyar Televízió modificou o seu funcionamento. A programación das dúas canles de televisión cambiou por completo, e durante os seus primeiros anos en democracia producíronse numerosos cambios en curtos periodos de tempo. O novo Goberno creou unha canle pública independente de MTV, [[Duna TV]], que comezou as súas emisións o [[24 de decembro]] de [[1992]]. En [[1993]], MTV integrouse na UER despois de que este organismo absorbese á OIRT.<ref name="historiaoficial"/>
 
En [[1997]], o Goberno de Hungría aprobou a chegada da televisión comercial privada coa concesión de dúas novas canles: [[TV2 (Hungría)|TV2]] e [[RTL Klub]]. Para que TV2 tivese unha frecuencia en todo o país, o Executivo pensou retirar a súa concesión á segunda canle de Magyar Televízió, algo que finalmente se desestimou. Con todo, a televisión pública trasladou a súa frecuencia aos operadores de cable e satélite, mentres que a primeira canle continuou en analóxico.<ref name="hungaro1"/>
 
MTV atravesou un proceso de renovación coa chegada do [[século XXI]]. O Executivo húngaro eliminou o canon que cobraba aos seus cidadáns por ter un televisor para manter o ente público, e converteu a MTV nunha Corporación dependente da publicidade e os fondos do Goberno. Nese tempo o grupo modificou a súa imaxe corporativa e trasladou a súa sé nos arredores de [[Budapest]].]].<ref name="futuro">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=201180|título=The future of MTV|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|fecha=|autor=|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref><ref name="sede">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=313555|título=The Hungarian Television has moved|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|data=|autor=31 de xullo de 2009|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref> En [[2008]] comezaron as emisións das dúas canles do grupo en [[alta definición]].<ref name="hd">{{cita web|url=http://www.hungariantelevision.eu/?id=313556|título=Hungarian Television: Digital terrestrial transmission started|dataacceso=[[2 de setembro]]|anoacceso=[[2010]]|fecha=|autor=1 de xullo de 2009|editor=Magyar Televízió|lingua=inglés}}</ref>
 
== Canles de televisión ==
* '''M1''': Primeira cadea. Oferta unha programación de contidos xerais con vocación de servizo público, informativos, películas e produción propia.
* '''M2''': Segunda canle, dedicado á cultura e ás minorías húngaras.
 
==Notas==