República Serbia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Corrixo ligazón
Liña 16:
En marzo de [[1992]] proclámase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosníacos(un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o [[7 de abril]], e o [[12 de agosto]] eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (''JNA'', mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesión bosníaca.
 
De 1992 a [[1995]], é dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da RSRepública Serbia era un dos tres bandos enfrontados: os outros dous eran os bosníacos e os bosníacocroatas da [[República Croata de Herzeg-Bosnia]]. Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosníacos abriron campos de concentración, levaron a cabo masacres masivos (ver [[masacre de Srebrenica]]) e actos de [[xenocidio]] e [[limpeza étnica]] da poboación non serbia.
 
Segundo o [[Acordo de Dayton|Acordo de Paz de Dayton]], a RSRepública Serbia ficaría co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e recoñeceríaselle o status de entidade propia en [[confederación]] coa [[Federación de Bosnia e Hercegovina]] para formar [[Bosnia e Hercegovina]].
 
Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboación, a transición á economía de mercado vese complicada. O [[Alto Representante para Bosnia e Hercegovina]] tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbiobosníacos acusados de corrupción ou de crimes de guerra. Debido ó referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfacción dos serbiobosníacos co goberno de [[Saraxevo]], moitos queren convocar un referendo de seu, aínda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.
 
O [[1 de xaneiro]] de [[2006]] a RSRepública Serbia deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicación da [[OTAN]] para un acordo de cooperación con Bosnia e Hercegovina. Pese a que [[Saraxevo]] é a capital ''de iure'' da RSRepública Serbia, [[Banja Luka]] é a capital ''de facto'', coa maioría das sedes do goberno rexional.
 
== Véxase tamén ==