Doraemon: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Desfixéronse as edicións de 85.91.87.245 (conversa); cambiado á última versión feita por 83.165.111.194
me rio de los xinos que asen esta mierda
Etiquetas: artigo novo moi curto Edición visual
Liña 1:
{{Caracteresxaponeses}}
 
{{Serie_de_TV
| nome = Doraemon, o gato cósmico
| imaxe = [[Ficheiro:Doraemon.png|300px]]
| descrición = ドラえもん <font color="#F6F6F6"> --- </font>''(Doraemon)''
| formato = [[Aventura]]s <font color="#F6F6F6"> --- </font> <font color="#F6F6F6"> ----- </font>
| cámara =
| formato_de_imaxe = 4:3
| duración = 25 minutos por episodio (dividido en 2 ou 3 subepisodios)
| creador = [[Fujio F. Fujiko]]
| promotor =
| produtor_executivo = Estudio Asatsu DK
| distribuidor = Luk Internacional
| intérpretes = [[Animación]]
| narración =
| canción_de_apertura =
| canción_de_peche =
| país = [[Xapón]]
| canle_de_orixe = [[TV Asahi]]
| primeiro_episodio = [[2 de abril]] de [[1979]]
| derradeiro_episodio = ? de ? de 20??
| número_de_episodios = Máis de 2000 (875 en Galicia)
| páxina_web = http://dora-world.com/top.html
| imdb_id =
| tv_com_id =
}}
 
'''''Doraemon, o gato cósmico''''' (ドラえもん, ''Doraemon'') é un [[manga]] e [[anime]] creado entre os anos [[1969]] e [[1970]] polo debuxante [[Xapón|xaponés]] Hiroshi Fujimoto, baixo o pseudónimo de [[Fujio Fujiko]]. Fujio Fujiko era pseudónimo común de dous debuxantes, Hiroshi Fujimoto e Motoo Abiko. Doraemon é a obra creada de Hiroshi Fujimoto, entón agora se utiliza [[Fujio F. Fujiko]] como o seu pseudónimo.
 
No [[Xapón]] o [[anime]] transmítese dende a década dos setenta pola canle [[TV Asahi]]. Debido a que os seus creadores faleceron sen daren instrucións de como se debería afrontar un posible final da serie, a canle de televisión tomou a iniciativa de non crear unha resolución da historia. Deste xeito, a serie iniciada no ano [[1979]] e rematada no ano [[2005]] contou cun total de 1787 episodios, que en realidade son moitos menos, xa que algúns non chegaban a durar nin dez minutos. A partir do ano [[2005]], emitiuse unha nova serie cunha animación renovada, que segue a emitirse e conta xa con máis de 300 capítulos.
 
En [[Galicia]], Doraemon vén sendo emitido dende a década dos noventa no contedor infantil-xuvenil [[Xabarín Club]] da [[Televisión de Galicia]]. O [[2 de febreiro]] do [[2009]], canda a estrea da nova canle galega, [[G2]], reemitiuse a serie dende o principio. Así mesmo, a [[TVG]] está a emitir novos episodios na grella dos sábados pola mañá.
 
Probablemente trátase dun dos [[manga]]s máis exitosos da historia. Planeta DeAgostini é a editorial encargada de publicalo no noso país.
 
==Argumento==
 
Nobita Nobi é un neno de 10 anos que vive nun dos barrios residenciais do [[Xapón]]. A súa vida pasa sen grandes preocupacións indo á escola e xogando polas tardes cos seus amigos.
 
Certo día, un gato robot grande e azul asómaselle polo caixón da súa mesa de estudo e preséntase ante el coma un viaxeiro do século XXII mandado polo seu tataraneto para impedir que a súa lacazanería leve á perdición a súa familia. Para isto posúe un peto máxico de catro dimensións conectado ó futuro que contén máis de 4000 aparellos cos que calquera cousa que se imaxine se pode converter en realidade. Doraemon intentará sempre axudar a Nobita en todo o que poida, animándoo para que estude e protexéndoo dos abusos de Xigante e Suneo. Xunto a Doraemon e ós seus aparellos, Nobita e os seus amigos vivirán todo tipo de emocionantes aventuras: viaxarán ó futuro, descubrirán civilizacións esquecidas, viaxarán a remotos lugares e voarán por riba das nubes.
 
As historias que se nos presentan son, en ocasións, bastante simples, pero aínda así todas elas gozan dun encanto especial. Os episodios están divididos en varios bloques. Ata o ano [[1992]] eran 3 as historias diferentes que se nos contaban, cunha duración aproximada de 7 minutos cada unha. A partir de entón, cada episodio contén 2 historias de aproximadamente 11 minutos.
 
==Personaxes==
 
===Principais===
 
*<font color="#950000">'''Doraemon'''</font>
:▪<font color="#1125AC">'' "¿Como? ¿Que Xigante volveuche dar unha malleira?"''</font>
:É un dos protagonistas da historia xunto con Nobita. É un robot doméstico fabricado o [[3 de setembro]] do [[2112]] pola empresa ''Ding-Dong'' para axudarlle á xente no que precise. Pesa 129,3 quilos, a súa estatura é de 129,3 centímetros, pode saltar ata os 129,3 metros e pode percorrer 129,3 quilómetros nunha hora. Orixinariamente era de cor amarela coma tódolos robots domésticos da súa serie, pero unha depresión provocada por un rato que lle comeu as orellas, fai que adopte unha cor azulada que o fai único. Por ese motivo tenlle unha fobia extrema a eses roedores. Acaba viaxando ó presente, mandado polos descendentes de Nobita, para impedir que este leve á perdición a súa familia. Devece sempre por unha boa ración dos seus adorados [[dorayaki]]s. Ten unha irmá pequena chamada Dorami.
 
*<font color="#950000">'''Nobita Nobi'''</font>
:▪<font color="#1125AC">'' "¡Doraemon!"''</font>
:É o outro dos protagonistas da historia xunto con Doraemon. É un neno vago, torpe e moi burricán para os estudos. Acotío chega tarde ás clases e o seu mestre e maila súa nai sempre lle están a rifar. Os seus mellores amigos son Xigante, Suneo (se é que se lles pode chamar amigos) e Shizuka, da que está namorado. Sempre lle está a pedir axuda a Doraemon para defendelo de Xigante e Suneo, e este acaba dándolle algún que outro aparello para arranxar a situación. A miúdo, Nobita acaba meténdose nunha lea por utilizar mal os aparellos.
 
*<font color="#950000">'''Shizuka Minamoto'''</font>
:▪<font color="#1125AC">'' "Agora non podo; teño que facer os deberes"''</font>
:É a única rapaza do grupo de amigos de Nobita. Intelixente, guapa e doce pero con algo de xenio, Shizuka toca o piano e gústalle practicar ximnasia rítmica. Saca moi boas notas na escola. A Nobita gústalle moito Shizuka e aínda que nunha morea de ocasións os dous amigos acaban rifando por algunha metedura de pata do neno, el sabe que no futuro acabarán casando.
 
*<font color="#950000">'''Takeshi Goda'''</font>
:▪<font color="#1125AC">'' "¡Eu son Xigante e son o máis grande e neste mundo non hai quen me gañe!"''</font>
:É o mangallón do grupo por iso todos lle chaman Xigante. É un neno con moi mal xenio e con pouca autoestima que zosca nos demais para intentar impor sempre a súa vontade. O seu máis fiel aliado e Suneo e xunto a el gástalle todo tipo de bromas e malas xogadas a Nobita e conseguen case sempre facerse cos aparellos que Doraemon lle deixa a este. Gústalle moito a música e pensa que ten unha voz extraordinaria e por iso tortura sempre os seus amigos cos seus recitais de canto. Ten unha irmá pequena que se chama Jaiko. A súa nai ten unha tenda e moitas das veces tense que facer cargo el do negocio.
 
*<font color="#950000">'''Suneo Honekawa'''</font>
:▪<font color="#1125AC">'' "Os meus pais trouxéronme este agasallo do estranxeiro."''</font>
:A súa familia ten moitos cartos e por iso Suneo sempre se vangloria dos seus novos xoguetes cos seus amigos. Suneo pégase acotío ao rabo de Xigante pois sabe que é mellor seguirlle o xogo que levarlle a contra. É moi mentirán e sempre utiliza a xente para o seu propio beneficio.
 
===Secundarios===
 
*<font color="#950000">'''Nobisuke Nobi'''</font>
:É o pai de Nobita. Ten un caracter pouco autoritario e sempre está a defender ó seu fillo nas disputas que este ten coa súa nai. Traballa de oficinista. Gústalle moito fumar e beber saque.
 
*<font color="#950000">'''Tamako Nobi'''</font>
:É a nai de Nobita. Ten un caracter forte e non dubida nunca en rifar e castigar ó seu fillo se non fai os deberes ou chega tarde á escola.
 
*<font color="#950000">'''Dorami'''</font>
:Coma Doraemon, Dorami é un robot do século XXII. Dorami é a irmá pequena de Doraemon e vive co seu dono Shewashi no futuro. É de cor amarela. Ten as mesmas capacidades de Doraemon e, coma el, un peto máxico no que garda unha morea de aparellos. Adoita aparecer cando é necesaria a súa axuda para solucionar algún problema ó que Doraemon non lle atopa solución.
 
*<font color="#950000">'''Dekisugi Hidetoshi'''</font>
:É o típico rapaz listo e simpático; o exemplo a seguir. É moi amigo de Shizuka e en ocasións Nobita ponse celoso da súa presenza, pois o seu lado a súa intelixencia queda en evidencia.
 
*<font color="#950000">'''Jaiko Goda'''</font>
:É a irmá pequena de Xigante. Gústalle Nobita é sempre está intentando que se fixe nela. Gústalle moito debuxar cómics.
 
*<font color="#950000">'''Shewashi Nobi'''</font>
:Shewashi e o tataraneto de Nobita. Vive no século XXII. É o dono de Dorami e o que mandou a Doraemon onda Nobita. Tenlle un certo parecido físico ó seu tataravó pero Shewashi e moito máis atlético e intelixente para os estudos.
 
==Os aparellos de Doraemon==
 
Grazas ó seu peto máxico de catro dimensións, Doraemon dispón dunha chea de trebellos do futuro cos que axudar o seu amigo Nobita. Estes son unha mostra dos máis representativos:
 
*<font color="#950000">'''A máquina do tempo'''</font>
:É a máquina coa que Doraemon chegou ata os nosos días dende o século XXII. Está gardada no caixón da mesa de estudo de Nobita. Cando é necesario usala non hai máis que abrir o caixón para acceder a ela e meter a data onde se queira ir, xa sexa ó pasado ou ó futuro.
 
*<font color="#950000">'''O gorrocóptero'''</font>
:É un gorro ó que vai incorporado unha hélice coma a dun helicóptero. Poñendo este casco voador na testa é posible percorrer longas distancias polo aire. É moi usado por Nobita e Doraemon para poder desprazarse máis rapidamente que se o fixesen andando.
 
*<font color="#950000">'''A porta que vai a tódalas partes'''</font>
:É unha porta máxica de cor rosada que, coma o seu nome indica, lévate alí onde queiras ir. Non hai máis que poñerse diante dela, pensar no destino, abrir a porta e cruzala. Desta forma, chegas onde queres de xeito instantáneo.
 
*<font color="#950000">'''O pano do tempo'''</font>
:É un pano máxico de dúas cores (vermella e violeta) que fai que, dentro del, o tempo pase ou ben máis rápido (pola parte vermella) ou ben máis lento (pola parte violeta). Para conseguilo só se ten que recubrir o obxecto co que se desexe experimentar co pano e esperar os resultados.
 
*<font color="#950000">'''A luz escura'''</font>
:É unha lanterna que emite escuridade. É moi útil para ver cousas que só se poden ver de noite.
 
*<font color="#950000">'''A lanterna redutora'''</font>
:É unha lanterna que emite uns raios especiais que encollen as persoas ou os obxectos. Para devolverlle a esas persoas ou a eses obxectos o seu tamaño natural abonda só con poñer a lanterna no modo inverso e enfocar o afectado.
 
==Curiosidades==
 
*O primeiro intento de converter en [[anime]] o [[manga]] de Doraemon levouse a cabo sen éxito en [[1973]] por Nippon Television. Habería que esperar ata [[1979]] para que TV Asahi producise o [[anime]] que todos coñecemos e que se segue a emitir ata o día de hoxe con enorme éxito.
 
==Lista de episodios==
 
:''Artigo principal: [[Lista de episodios de Doraemon]]''
 
En Galicia, a serie de Doraemon foi emitida seguindo unha orde por tempadas:
 
:{| class="wikitable"
|- style="background:#EFEFEF"
! '''#'''
! '''Episodios'''
! '''Ano de estrea'''
|-
|1
|''Doraemon I (eps. 1-364)''
|[[1993]]-[[1995]]
|-
|2
|''Doraemon II (eps. 365-606)''
|[[2001]]-[[2005]]
|-
|3
|''Doraemon III (eps. 607-875)''
|[[2009]]-[[2012]]
|-
|4
|''Doraemon IV (eps. 876-1083)''
|[[2014]]-
|-
|}
 
De todos os xeitos, cómpre sinalar que no [[Xapón]] existen dúas series de Doraemon: a primeira que empezou no ano [[1979]] e a segunda que empezou no ano [[2005]]. Os 771 primeiros episodios da nosa numeración pertencen á primeira serie, non obstante, os episodios a partir do 772 forman parte da serie xaponesa do [[2005]].
 
Algúns episodios da serie de [[1979]] teñen unha duración inferior aos dez minutos. Por iso, para crear os episodios da nosa versión, xuntáronse en varios casos tres para completar a duración total do capítulo. Outros, porén, non foron emitidos directamente. Ademais, en ambas as dúas series, á hora de emitila na [[TVG]], utilizáronse novas numeracións que non se correspondían coa xaponesa.
 
==A música de Doraemon==
 
===Inicio===
 
*<font color="#950000">'''Inicio 1 (Cantado por Teresa Santamaría) [eps. 1-260]'''</font>
<poem>
:"Oxalá os meus soños
:foran todos realidade.
:Foran todos realidade
:porque teño ''pra'' repartir.
:Doraemon pode facer
:que se cumpran todos.
:..."
</poem>
 
*<font color="#950000">'''Inicio 2 (Cantado por Nacho Castaño e Juan Carballido) [eps. 261-771]'''</font>
<poem>
:"Doraemon ten un peto máxico,
:é o gato do ''espacio'' que chegou aquí.
:Doraemon ten un peto máxico,
:é o gato do ''espacio'' que chegou aquí.
:E pode facer realidade tódolos teus soños;
:robots e máquinas voadoras pode crear.
:..."
</poem>
 
*<font color="#950000">'''Inicio 3 (Intérprete: ''Descoñecido'') [eps. 772-875]'''</font>
<poem>
:"Ó pechar os ollos, só imaxinando,
:podo debuxar.
:Un mapa do mundo, no que os soños todos,
:se volvan reais.
:Vou polo ceo, a través do tempo;
:a un país lonxe de aquí.
:..."
</poem>
 
===Final===
 
*<font color="#950000">'''Final 1 (Cantado por Teresa Santamaría) [eps. 1-260]'''</font>
<poem>
:"Mira, mira as flores
:brillando á luz do sol,
:saúdannos dicindo bos días amor.
:Todos imos saltando
:e cantámo-la canción,
:''lalalalá, lalalalalá, lalalaió''.
:..."
</poem>
 
*<font color="#950000">'''Final 2 (Cantado por Nacho Castaño e Juan Carballido) [eps. 261-855]'''</font>
<poem>
:"Doraemon, Doraemon,
:imos dicindo adeus, adeus.
:Doraemon, Doraemon,
:sempre connosco estarás.
:Co corazón cheo de amor
:imos vivir tódala ilusión.
:..."
</poem>
 
==Dobraxe ó galego==
 
*'''Estudio:''' CTV ([[Vigo]]), CTV ([[Santiago de Compostela]])
*'''Reparto da dobraxe:'''
 
:{| class="wikitable"
|- style="background:#EFEFEF"
! '''Personaxe'''
! '''Dobraxe ó galego'''
! '''Voz orixinal xaponesa'''
|-
| Doraemon
| Charo Martínez / Xermana Carballido
| Nobuyo Oyama / Wasabi Mizuta
|-
| Nobita Nobi
| Tonia Fuentes / Ana Ouro / Antía Jiménez
| Noriko Ohara / Megumi Ohara
|-
| Shizuka Minamoto
| Elena Amoedo / Chelo Díaz
| Michiko Nomura / Yumi Kakazu
|-
| Takeshi Goda
| Manuel Pombal / Nacho Castaño
| Kazuya Tatekabe / Subaru Kimura
|-
| Suneo Honekawa
| Maria José Collazo / Isabel Vallejo
| Kaneta Kimotsuki / Tomokazu Seki
|-
| Nobisuke Nobi
| Xoán Diéguez
| Yōsuke Naka / Yasunori Matsumoto
|-
| Tamako Nobi
| Trini Morenza / Ana Santos
| Sachiko Chijimatsu / Kotono Mitsuishi
|-
| Dorami
| Teresa Santamaría / Catherina Martínez
| Keiko Yokozawa / Chiaki
|-
| Mestre
| Jorge Pedrosa / Ramiro Taboada
| Ryōichi Tanaka / Wataru Takagi
|-
| Dekisugi
| Teresa Santamaría / Alicia Taboada
| Sumiko Shirakawa / Shihoko Hagino
|}
 
*'''Voces adicionais:'''
:▪ Alfonso Agra
:▪ Manolo Botana
:▪ Antonio Durán "Morris"
:▪ Suso Pando
:▪ Antón Pazos
:▪ Antón Rubal
:▪ Bernardo Xosé
 
*'''Aclaracións:'''
:* Tralo peche do estudio da CTV en [[Vigo]], a serie pasou a ser dobrada en [[Santiago de Compostela]] cun novo reparto de voces, a partir do episodio 261, conservándose unicamente a voz de Xoán Diéguez para Nobisuke, o pai de Nobita. Na táboa o primeiro nome refírese a antiga dobraxe dos anos noventa e o segundo á actual.
:* A partir do ano [[2005]], no [[Xapón]] trocáronlle tódalas voces ós personaxes. Deste xeito, na táboa o primeiro nome refírese a antiga dobraxe (dende [[1979]] ata o [[2005]]) e o segundo á actual (dende o [[2005]] ó presente).
:* Malia que a partir do episodio 609 a serie seguiu sendo dobrada en [[Santiago de Compostela]], Antía Jiménez substituíu a Ana Ouro no personaxe de Nobita, quen antes era quen lle prestaba a súa voz.
 
==Manga==
 
 
 
==Películas==
 
Doraemon non só protagoniza as súas historias no papel e na televisión. En [[2001]] estreouse nos cines de [[Galicia]] a primeira película (''Doraemon e as mil e unha aventuras''), estreada tempo atrás no [[Xapón]]. Outras non pasaron polo cine, mais si foron editadas en [[VHS]] ou [[DVD]]. A partir da película 17, non se incluíron máis dobraxes ao galego en [[DVD]], mais si foron estreadas na [[tvG2]] na data sinalada.
 
Estas son as que, polo de agora, foron dobradas ó galego:
 
:{| class="wikitable"
|- style="background:#EFEFEF"
! '''#'''
! '''Título en galego'''
! '''Ano da estrea'''
|-
|1
|Doraemon e as mil e unha aventuras
|[[10 de outubro]] do [[2001]]
|-
|2
|Doraemon e o segredo do labirinto
|[[24 de abril]] do [[2002]]
|-
|3
|Doraemon e os piratas do sur
|[[30 de agosto]] do [[2002]]
|-
|4
|Doraemon e o tren do tempo
|[[14 de outubro]] do [[2003]]
|-
|5
|Doraemon e o Imperio Maia
|[[2 de marzo]] do [[2004]]
|-
|6
|Doraemon e o misterio das nubes
|[[20 de outubro]] do [[2004]]
|-
|7
|Doraemon, o gladiador
|[[2 de marzo]] do [[2005]]
|-
|8
|Doraemon e a fábrica de xoguetes
|[[26 de outubro]] do [[2005]]
|-
|9
|Doraemon e os deuses do vento
|[[15 de marzo]] do [[2006]]
|-
|10
|Doraemon no máxico mundo das aves
|[[25 de outubro]] do [[2006]]
|-
|11
|Doraemon e os cabaleiros enmascarados
|[[25 de abril]] do [[2007]]
|-
|12
|Doraemon e o dinosauro pequeno
|[[28 de novembro]] do [[2007]]
|-
|13
|Doraemon no Planeta Animal
|[[7 de maio]] do [[2008]]
|-
|14
|Doraemon e os sete magos
|[[26 de novembro]] do [[2008]]
|-
|15
|Doraemon: Odisea no espazo
|[[3 de xuño]] do [[2009]]
|-
|16
|Doraemon e o reino de Kibo
|[[11 de novembro]] do [[2009]]
|-
|17
|Doraemon e o mundo perdido
|[[6 de xaneiro]] do [[2014]]
|-
|}
 
==Véxase tamén==
===Outros artigos===
*''[[Xabarín Club]]''
 
===Ligazóns externas===
*[http://www.dora-world.com/ Páxina oficial xaponesa]
*[http://www.dora-movie.com/ Páxina oficial xaponesa das películas]
*[http://www.crtvg.es/TVG/ficha.asp?prog=143&tipo=Infantis Páxina web de Doraemon na TVG]
 
{{Link FA|zh}}
 
[[Categoría:Debuxos animados]]
Liña 376 ⟶ 6:
[[Categoría:Doraemon]]
[[Categoría:Xabarín Club]]
 
{{Link FA|id}}
 
{{Link FA|vi}}