Blood Filloas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
arranxiños
lig int
Liña 35:
O 28 de xaneiro de 1995 Anxo García "Pulpo" entra como batería, xa definitivo. O 20 de abril chegan á final do concurso do Bar "Nirvana" de Madrid, entre 400 grupos. O 29 de abril gravan o seu primeiro sinxelo, ''Blandi-Blood'', nos Estudios Fussion ([[Vigo]]), para [[Toxic Records]], selo propiedade de Billy King, membro de [[Killer Barbies]].
 
O 12 de maio gravan dous temas en playback para o programa da [[TVG]] ''Clipmanía'': "She is cool" e "My Cake". O 17 de xuño, tamén nos Estudos Fussion de Vigo, gravan o tema "Superheroe" para o Xabarín Club. O 1 de xullo gañan o concurso do Bar Planta Baixa de Vigo. O premio era a gravación dun LP. En agosto fan a súa primeira xira, que os leva por [[Valencia]], [[Alacant]], [[Albacete]] e [[Murcia]]. O 24 de setembro telonean á banda dos [[Os Ánxeles, California|Ánxeles]] [[White flagFlag]] noen Ferrol, e o día 28 á banda de [[Seattle]] [[The Posies]] en Vigo. O 11 de novembro comeza a emitirse o videoclip do tema "Superheroe", incluído no recompilatorio ''[[A cantar con Xabarín]]''. O 9 de xaneiro de 1996 actúan no Ferrol con [[Los Limones]] no espectáculo itinerante do Xabarín Club. Nese mesmo mes o fanzine ''Subterfuge'' edítalles un sinxelo de vinilo, compartido co grupo [[Frogger]]. Tamén nese mes gravan unha versión do clásico "Mack the Knife" para a BSO da curtametraxe ''The End'', debut en 35 mm e terceira colaboración co tamén ferrolano [[Carlos Alberto Alonso]].
 
A súa canción "Asian Girl", na que colabora [[Silvia Superstar]], aparece na BSO de ''Killer Barbies'', película de [[Jess Franco]]. Editan o seu primeiro CD, ''Toys are us'', con "Subterfuge Records", producido por Fernando Pardo (membro de [[Sex Museum]] e como parte do premio do concurso de Planta Baixa. Realizan a función de teloneiros dos australianos [[DM3]] na xira que os levou por [[Madrid]], [[Ourense]], Vigo, León, Valencia, Castelló, St. Ettiene (Francia), Lyon (Francia), Burdeos (Francia) e Bilbao.