Lingua grega antiga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m Redirixida cara a "Grego antigo"
 
Servando2 (conversa | contribucións)
insiro aquí o texto do artigo grego antigo, que reconvirto en redirección
Liña 1:
{{HistoriaLinguaGrega}}
#REDIRECT [[Grego antigo]]
O '''grego antigo''' (ἡ Ἑλληνικὴ γλῶττα ''hē Hellēnikḕ glō̃tta'') é unha das [[linguas indoeuropeas]], chegada a [[Grecia]] entre os séculos XXV e XVII antes da nosa era. Posteriormente deu pé ao [[grego moderno]].
== Dialectoloxía ==
En orixe, había unha gran variedade de [[dialecto]]s, reunidos en catro grupos: [[arcado-chipriota-panfilio]], occidental ou [[dórico]], [[eolio]] e [[xónico-ático]].
 
Falar '''''do''' grego antigo'' non ten moito sentido se se quere referir a un dos idiomas antigos: nos feitos, porén, '''''o''' grego'' designa o dialecto de Atenas. O ático (dialecto do grupo xónico-ático), lingua da antiga [[Atenas]], é a lingua na que se escribiu a maioría da [[literatura grega]] clásica. Baixo a influencia de [[Alexandre o Grande]], o emprego dos dialectos refreouse, de sorte que o mundo grego utilizase a κοινή ''[[koiné]]'', lingua común (é o senso do adxectivo κοινός ''koinós'') xurdida de varios dialectos do grupo xónico-ático. Esta permitíalle comunicarse co seu exército e ensinábase aos habitantes das rexións conquistadas, converténdose así na ''lingua franca'' da [[antigüidade clásica|Antigüidade]], en competencia co [[latín]]. A ''koiné'' converteuse pronto na lingua oficial do [[Imperio romano de Oriente]], antes de continuar a evolucionar para dar lugar ao [[grego moderno]] de hoxe.
 
Para un estudo comparativo dos diferentes dialectos, consultar '''[[Dialectos gregos]]'''. <!--Unha árbore xenealóxica sumaria existe porén n[[linguas indoeuropeas#Grupo grego|este outro artigo]]. -->
== Escrituras ==
A primeira forma de escritura testemuñada para notar un dialecto grego é o [[lineal B]], un [[silabario]] sen relación co [[alfabeto grego]], que servía para transcribir unha forma arcaica dun dialecto do que máis tarde derivan os do grupo arcado-chipriota-panfilio, o [[grego micénico|micénico]] empregado en Grecia continental e en [[illa de Creta|Creta]] entre [[-1550]] e [[-1200]] aproximadamente. Entre [[-800]] e [[-200]], unha escritura próxima, o [[silabario chipriota]], foi utilizada en [[Chipre]]. Este silabario podería descender do chipro-minoico (cf. infra).
 
Compre notar que existiron en Grecia escrituras máis antigas que o lineal B e o chipriota, sen que se saiba se serviron para escribir o grego:
 
* o [[Lineal A]] (entre [[-1800]] e [[-1450]], en Creta e nas illas do [[mar Exeo]]].
* o [[cretense xeroglífico]] (entre [[-1750]] e [[-1600]], en Creta).
* o [[chipro-minoico]] (entre [[-1500]] e [[-1200]], en Chipre), se cadra derivada do Lineal A.
 
A continuación empregouse o [[alfabeto grego]], herdado dos Fenicios e do [[alfabeto fenicio|seu alfabeto]], que tivo diferentes versións (chamadas [[alfabetos epicóricos|epicóricas]]) a partir dos séculos IX ou VIII e que logo se normalizou e se impuxo ao resto do mundo helenófono por [[Atenas]] en [[-403]]. Ao engadiren as vogais a este [[abjad]] semítico, os Gregos son os inventores dos alfabetos occidentais. En efecto, tomado prestado polos [[Etruscos]] (cf. [[Alfabeto etrusco]]), que o transmitiron aos [[Roma Antiga|romanos]], deu lugar ao [[alfabeto latino]], pero tamén, sen pasar polos etruscos, ao [[alfabeto gótico]], ao [[alfabeto cirílico|cirílico]], ao [[alfabeto copto]],...
 
A [[historia do alfabeto grego]] constitúe un artigo separado.
== Fonoloxía ==
'''Consultar [[Pronunciación do grego antigo]] para un artigo completo.'''
''Resume: <br />''
O grego antigo é unha lingua con [[acento de altura]], que posúe dúas (ou tres, segundo as interpretacións) entoacións: aguda e circunflexa (cf. '''[[Acentuación do grego]]'''). Caracterízase tamén por un sistema de [[consoante aspirada|consoantes aspiradas]] e por un xogo de oposicións de [[cantidade vocálica|cantidades vocálicas]]. Hai moitas regras de [[sandhi]], tanto internas como externas.
 
Ao pasar do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] ao grego, a lingua sufriu moitas [[modificacións fonéticas]]. As máis importantes explícanse coa [[lei de Grassmann]], a [[lei de Osthoff]] e a [[lei de Rix]]. Nótase tamén por outra banda que o grego permite restituír en moitos casos a coloración das [[laringal|laringais]] IE. Na clasificación tradicional das linguas indoeuropeas aparece como unha [[lingua centum|lingua ''centum'']].
== Morfoloxía ==
O grego, como outras [[linguas indoeuropeas]] antigas, é altamente [[lingua flexiva|flexiva]]. Ademais de polo emprego de [[desinencia]]s, o grego se caracteriza por procedementos herdados do [[lingua protoindoeuropea|indoeuropeo]] como a [[alternancia vocálica]], o uso da [[reduplicación]] e do [[aumento]] nos verbos.
=== Sistema nominal ===
'''O artigo completo atópase en ''[[Declinacións do grego antigo]]''.'''
Por exemplo, os nomes distinguen cinco [[caso]]s ([[nominativo]], [[vocativo]], [[acusativo]], [[xenitivo]] e [[dativo]]), tres [[Xénero gramatical|xéneros]] (masculino, feminino e neutro, ás veces reducidos a unha oposición animado / inanimado) e tres [[número]]s (singular, dual, plural e colectivo para os neutros). O grego moderno xa non emprega o [[dativo]], excepto en certas expresións como ''en taxei'', pero os outros casos consérvanse xeralmente.
 
Hai tres grandes tipos de declinacións, tanto para os nomes como para os adxectivos (tipo en -α/η, tipo [[vogal temática|temático]] en -ος e tipo atemático), que, a súa vez, teñen subtipos. Os pronomes seguen un sistema propio e que, por ter influenciado os tipos nominais,non está moi separado destes.
 
A complexidade da flexión nominal vén da súa riqueza.
=== Sistema verbal ===
''O artigo completo atópase en '''[[Conxugacións do grego antigo]]'''.''
Os verbos teñen tres [[diátese|voces]] (activa, media e pasiva), tres [[persoa]]s e tres [[número]]s. Conxúgase en seis [[Modo gramatical|modos]], catro persoais ([[indicativo]], [[imperativo]], [[subxuntivo]] e [[optativo]]) e dous [[impersoal|impersoais]] ([[infinitivo]] e [[participio]]). Hai sis [[tempo]]s ([[presente]], [[imperfecto]], [[aoristo]], [[futuro]], [[perfecto]] e [[pluscuamperfecto]]), repartidos de maneira desigual entre os modos. Existen algunhas formacións secundarias, como o [[futuro anterior]].
 
Ademais do tempo, o verbo expresa sobre todo, de maneira moi precisa, tres [[aspecto]]s ([[imperfectivo]], [[perfectivo|aspecto cero]] e [[estático]]) e moitos modos de proceso ([[incoativo]], [[iterativo]], [[frecuentativo]], etc.). só o indicativo marca tempo: en todos os outros modos, só se indica aspecto.
 
Hai dúas grandes categorías de conxugacións: os [[vogal temática|temáticos]] (ou ''verbos en -ω'') e os atemáticos (chamados ''verbos en -μι''). Estas categorías divídense nun gran número de subcategorías. O sistema verbal é moi complexo pois a flexión xoga con moitos procedementos, como a [[alternancia vocálica]], a [[sufixo|sufixación]] o xogo de [[desinencia]]s, o emprego dunha [[vogal temática]], o [[aumento]] e a [[reduplicación]]. A todos estes procedementos hai que engadir as [[modificación fonética|modificacións fonéticas]] importantes no seo dun mesmo [[Paradigma (lingüística)|paradigma]].
 
Así, non é esaxerado dicir que hai máis [[verbo irregular|''verbos irregulares'']] que regulares.
== Influencia do grego antigo sobre as linguas modernas ==
=== Palabras cultas e raíces gregas ===
Un gran número de palabras en [[latín]], [[Lingua galega|galego]], [[lingua castelá|castelán]], [[Lingua francesa|francés]] e [[Lingua inglesa|inglés]], por non citar máis linguas, son de orixe grega e a maioría dos [[neoloxismo]]s cultos utilizados polo mundo adiante están forxados con [[raíces gregas]] (a miúdo mesturadas con radicais latinos). Só unhas poucas linguas, como o [[islandés]] de xeito sistemático e, nunha menor medida, o [[lingua alemá|alemán]], non empregan estas raíces, senón que traducen por [[calco]] os termes cultos gregos a través de [[lexema|raíces]] que lles son propias.
=== Palabras correntes ===
Palabras como ''bodega'' ou ''carácter''' veñen tamén do grego. Pasadas polo latín e herdadas como tal no galego (ou a través doutra lingua), sufriron as mesmas [[modificacións fonéticas]] que as outras palabras herdadas e agora están moi separadas do seu étimo grego: cómpre recoñecer tras elas ἀποθήκη ''apothếkê'' e χαρακτήρ ''kharaktếr''.
=== O dédalo sincrónico do cosmos político ===
Velaquí, para ilustrar a omnipresenza do grego nas linguas occidentais, un extracto dun texto de Xenofonte Zolotas (Ξενοφών Ζολώτας) no que cada palabra (agás as gramaticais) é de orixe grega:
:''Sen apostrofar a miña retórica no énfase e na plétora, analizarei elipticamente, sen galicismo ningún, o dédalo sincrónico do cosmos político caracterizado por síndromes de crise que paralizan a organización sistemática da nosa economía. Nós somos periodicamente escépticos e neurasténicos ante estes paroxismos perifrásicos, esta bulimia dos demagogos, estas hipérboles, estes paradoxos hipócritas e cínicos que simbolizan unha democracia anacrónica e caótica. Os fenómenos fantásticos que nos profetizan para a época astronómica han destronar os programas raquíticos, híbridos e esporádicos do noso ciclo atómico. [...]''
== Varios ==
* código [[ISO 639]]-2: grc
== Véxase tamén ==
=== Artigos relacionados ===
* [[Lingüística]].
** [[Dicionario das linguas]].
*** [[Linguas par familia]].
**** [[Linguas indoeuropeas]].
** [[Dialectos gregos]].
** [[Declinacións do grego antigo]].
** [[Conxugacións do grego antigo]].
** [[Fonoloxía do grego]], [[Acentuación do grego]].
** [[Alfabeto grego]], [[Diacríticos do alfabeto grego]], [[Letras suplementarias do alfabeto grego]] e [[Historia do alfabeto grego]].
** [[Grego moderno]].
* [[Literatura grega]].
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.lorem-ipsum.info/_greek Xerador de texto aleatorio grego] ademais do habitual ''[[lorem ipsum]]''.
* [http://www.freelang.com/dictionnaire/grec.html Dictionnaire Freelang] - Dicionario grego-francés/francés-grego
* [http://www.freelang.com/dictionnaire/grec_ancien.html Dictionnaire Freelang] - Dicionario grego antigo-francés/francés-grego antigo
[[Categoría:Lingua grega]]
{{Link GA|de}}