Mega Drive: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 18:
 
=== A posta á venda en Norteamérica e desenvolvemento adicional ===
Sega anunciou a data para a posta á venda en Norteamérica en [[1987]], poñendo énfase en que era a primeira consola de 16 bits verdadeira. As vendas en [[Estados Unidos de América|EUA]] comezaron o [[9 de xaneiro]] de [[1989]] en [[Nova York]] e [[Os Ánxeles - Los Angeles|Os Ánxeles]] cun prezo estimado de 200 dólares na súa saída. Foi posta á venda no resto de Norteamérica o 15 de setembro co prezo rebaixado lixeiramente a 190$.
 
Inicialmente Genesis competiu contra a consola de 8 bits [[Nintendo Entertainment System|NES]], á que avantaxaba en gráficos e son. Porén, era unha loita ardua contra a omnipresenza de Nintendo nas casas dos consumidores e o amplo catálogo de xogos xa dispoñíbeis. Nun esforzo por facerse cunha base de consumidores importante, Sega decidiu centrarse nos consumidores un pouco máis vellos, en concreto mozos de tardía adolescencia e pouco máis de vinte anos, que disporían de maiores ingresos, e que estarían ansiosos por títulos con maior contido adulto e/ou profundidade no xogo. Así pois, Sega publicou títulos tales como ''[[Altered Beast]]'' e a serie ''[[Phantasy Star]]''. Malia que a NES e [[Nintendo]] seguían a ser unha ameaza importante para a cota de mercado de Sega, esta relegou o teoricamente competitivo sistema TurboGrafx 16 a un relativo segundo plano, grazas en parte á pobre campaña de marketing da [[NEC]] en Norteamérica.