Firmino de Amiens: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 5:
Segundo a lenda, naceu en Pompaelo (a actual [[Pamplona]]), fillo dun senador pagán de nome Firmo, un alto funcionario da administración romana que gobernou Pamplona no [[século III]]. A predicación de san [[Honesto]], quen marchara á península tras ser milagrosamente liberado da súa prisión en [[Carcassonne]], conmoveu aos seus pais, quen con todo non se converteron ata oír a san [[Saturnino de Tolosa]]. O santo bautizaría a Fermín e aos seus pais no lugar que hoxe se chama popularmente ''pocico de San Cernin''.
 
Baixo a tutela de Honesto o mozo Fermín aprendeu a relixión e a arte da predicación. Aos 18 anos foi enviado a [[Tolosa, - ToulouseFrancia|Tolosa]], onde sería ordenado. Tras predicar en [[Navarra]], marchou a Francia, onde se asentou en [[Amiens]]. Habendo organizado a construción da igrexa local, foi nomeado bispo aos 24 anos. A oposición oficial á doutrina cristiá fixo que fose encarcerado e decapitado.
 
En [[1186]] o bispo [[Pedro de París]] levou de Amiens a Pamplona unha reliquia da cabeza de Fermín.