Also sprach Zarathustra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 10:
 
==Contido da obra==
Ten un contido [[argumentativo]], dominante nas dúas primeiras partes, e a vez un contido [[narrativo]], que domina nas outras dúas. Na primeira parte, que inclueinclúe un [[prólogo]] que introduce na escena ao último home dos tempos modernos, un home pouco ambicioso e mediocre. A continuación, o protagonista con só trinta anos, busca a soidade e a tranquilidade e para iso retírase asás montañas acompañado dunha aguia e dunha serpente. Despois de dez anos sente a necesidade de volver cos humanos, e polo amor que lles profesa, ensínalles todo o que aprendeu durante a súa ausencia, entre as cales está que Deus morreu, manifestándolles que lles falaba dun [[superhome]]. Pero ninguén o entendía, co que chega a conclusión de que precisa discípulos. Neste momento a aguia e a serpente sérvenlle tanto de compañía e comoCOMO de guía. Na cidade de La vaca multicolor , traducida por Kummasuddamam, ensinou a doutrina das tres transformacións do espírito- a [[autorresponsabilidade]], a [[autosuperación]] e a [[autolexislación]]-, e realizou unha crítica da súa propia [[doutrina]] sobre o sentido da Terra, da que non está plenamente convencido e reflexiona sobre a idea de que a verdade estea máis alá dos homes, por detrás das cousas, que se trate da verdade do mundo, das cousas.
 
A segunda parte comeza coa estancia do protagonista durante anos nas montañas, e como da primeira vez, sente a necesidade de transmitir e ensinar aos demais o que aprendeu, e intenta facerlles ver a aguia e a serpente a felicidade de regresar cos humanos. Nas Illas Afortunadas fálalles aos seus amigos de Deus como algo enfrontado o que fai que o home sexa creativo, e lévao a conclusión de que os homes deben orientarse según as directrices do superhome. As razóns que aporta para isto están en que este ser é o sentido da Terra, isto é, o sentido das cousas desde a capacidade de creación do ser humano a partir do continxente, da corporeidade, do devir e do tempo, fronte a orientación divina que se move desde os principios do ilimitado, do imperecedoiro e do eterno, é dicir, desde a cosideración da idea da trascendencia.
 
Ademais de continuar con temas da súa doutrinandoutrina nos discursos, tamén compón cancións, nas cales expresa a dúbida de conseguir un obxectivo de autosuperación. Son cancións nas que manifesta que a solución a ese estado encóntrase na vontade, aínda que tamén expresa o amor que sente. A personalidade do protagonista vaise perfilando cada vez máis, precisamente mediante o rasgo de sentirse poeta; por un lado chega a entender que as comparacións e a linguaxe que emprega son propias dos poetas, e por outro, manifesta a contradición de sentirse fastíado deles polo feito de que se sente un espírito libre. Nas Illas Afortunadas segue cos seus discursos e desenrola o concepto da [[vontade de poder]]. Isto explicao como a forza dinámica que fai que o home se poña en movemento e se supere tendo en consideración o intercambio de [[obediencia]] e mandato. Do contido dos seus discursos son destacables os que tratan sobre os compasivos, os sacerdotes, os virtuosos, etc,... e en canto a forma do discurso ensina temas como a superación de si mesmo, os sublimes, o país da cultura, o inmaculado coñecemento, os deuses, os poetas, etc.
 
Despois das primeiras experiencias na Illa do Volcán, comeza a idea do eterno retorno do idéntico, e ante o convencemento de que o que pode ofrecer coas súas doutrinas é un froito aínda non maduro, decide, abandoar aos seus amigos na busca da soidade como medio para profundizar os seus coñecementos.
 
Ao comezo da terceira parte nárrase a nova marcha de Zaratrusta. Aos catro días de abandoar as Illas Afortunadas diríxese a si mesmo falando sobre a boaventura non querida e de antes da saída do sol. Zaratrusta bótase a chorar antes de abandoar as illas, xa que sentea a soidade e o desexo de amar sen esquecerse de si mesmo.
 
Xa na viaxe, en barco desde as illas, conta a quen desexa escoitalo o contido do seu soño. Alí chama dunha maneira especial a identificación do personaxe coas esperiencias e vivencias que está tendo a medida que a súa vida evoluciona. Deste modo, ten a oportunidade de seguir reflexionando sobre as ideas dos tres males:o [[egoísmo]], a [[ambición de poder]] e a [[voluptuosidade]]. A partir do soño coa serpe aá cal lle arrinca a cabeza, comeza a sentir que vai sandar o mal do fastío que sempre o acampañou. Zaratrusta volve actuar como poeta que canta poemas nos que expresa a felicidade que lle proporciona o estado en que se sente, son unha loanza ao concepto de eterno retorno do idéntico.
 
Na cuarta parte a acción faise máis complexa e máis novelesca no sentido clásico do termo. O autor comeza narrando como o protagonista se queda nas montañas desfrutando da soidade e do tempo de moitos meses e anos que fan del un ancián cuxos cabelos tornan brancos. A [[felicidade]] de Zaratrusta expresada ao final da terceira parte pode conducir a pensar que dese modo e nese momento remataría a obra, con todo, o autor non parece satisfeito e segue narrando o que pasa dentro do protagonista despois dese momento que non parece movelo máis alá do anhelo de regresar outra vez xunto aos homes, pero si a necesidade de falar de si mesmo e da súa doutrina. Zaratrusta está cheo de felicidade e quere servir de atractivo para que sexan os homes quen veñan xunto del e non ao revés, como fora ata agora. Sobe entón a unha montaña a realizar a ofrenda do mel e ao día seguinte encóntrase co adiviño e escoita o grito de socorro do home superior, a cuxo encontro se pon en camiño en contra da opinión do propio adiviño. Na marcha de cara o lugar de onde procede o grito atópase con diferentes homes aos que invita a que o vaian visitar durante a noite na cova. En primerio lugar encóntrase cunha corte na que viaxan os dous reis que queren velo, pois non se deixaron influenciar polo pobo e buscaban tamén a ese ser que é mellor que eles; logo ao concienzudo do espiríto que manifesta que se sente seguidor de Zaratrusta; logo ao [[mago]] a quen invita a súa cova; ao xubilado, un acián que busca ao verdadeiro Zaratrusta; ao último Papa, que non ten nada que facer despois de que Deus morrese e busca ao Zaratrusta máis piadoso de todos os ateos; ao máis feo dos homes que matou a Deus e lle agradece a Deus o seu desprezo pola compaixón; ao mendigo voluntario que deixou as súas riquezas para servir aos pobres e para quen Zaratrusta é o único home que admira; a súa propia sombra na que recoñece a eliminación dos seus valores periclitados, pero tamén a desorientación a que pode levalo o exceso de autonomía. No camiño de regreso escoita o grito que sae da súa cova e ve a todos os que encontrou pola mañá en dirección ao lugar do cal procede o grito e saludanse. Dentro todos xuntos, incluidos os animais e un asno, celebran a cea. Nela mediante vinte discursos, fálalles aos seus comensais sobre a realidade do home superior e termina aconsellándolles que se superen aínda máis. É a última celebración con todos os homes superiores antes de abandoar por terceira vez as montañas. Zaratrusta sae da súa cova. O mago cantan a canción da melancolía; atopándose Zaratrusta fóra, os invitados falan da [[ciencia]] para ramatar por enfrontarse a el e rirse del unha vez que regresou e se atopara con eles dentro. O viaxeiro, a sombra de Zaratrusta, pídelle que se quede e ponse a tocar ca arpa a canción entre fillas do deserto, a festa segue co [[espertar]]. Logo ocorre o inesperado: despois do ambiente de festa sae da cova, atopándose a volta con que todos os convidados están adorando ao asno e en plena noite decide expulsalos do lugar. Entón, acompañado da lira, recita a canción do noctámbulo, na que glorifica a ley do eterno retorno do idéntico. Pola mañá espera a chegada do gran melodía coa felicidade e a esperanza de atopar aos compañeiros adecuados. Coa narración do capítulo sobre [[o sinal]] Zaratrusta abandoa a cova.