Wikipedia:Votacións/Política de títulos dos artigos sobre persoas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Piquito (conversa | contribucións)
discordo con matices
Sen resumo de edición
Liña 19:
;En contra
#{{Discordo}}. Nun principio non ía votar, mais acabo de ver a proposta das transliteracións e creo que estamos a seguir a orde equivocada, explícome: eu creo que se un apartado desta política te manda á política de transliteracións, esta debera estar xa feita. Non sei cánto vai tardar en completarse a política das transliteracións, mais penso que primeiro se tería que ter realizado esa e unha vez concluída e consensuada (se fora preciso) redactar esta. Para un usuario que chegue á Galipedia e quera facer un artigo sobre o 5º dalai lama (por poñer un exemplo que non sexa de europeos), non vai saber qué nome poñer e esta política non lle vai dar resposta... creo que se entende por onde quero ir. Non poño en duda que a política sexa boa, os que participaron na súa creación entenden máis ca min desto, o que penso é que estamos a comezar a casa polo tellado creando unha política que non crea solucións nun grupo amplo de nomes (principalmente sobre personalidades non europeas). [[Usuario:Piquito|Piquito]] ([[Conversa usuario:Piquito|conversa]]) 31 de marzo de 2014 ás 18:16 (UTC)
::{{Comentario}} - Non, en realidade son independentes. Unha non afecta á outra. Que a política de transliteracións quede en que Никита Хрущёв sexa transliterado como "Nikita Khrushchev" ou como "Nikita Jrushchov" non afecta a esta política que andamos a votar: que o formato é '''<nome> <apelido>''' e que '''os nomes escritos en alfabetos non latinos''' translitéranse. O camiño que propós é o que levávamos durante '''anos''' (non facer nada até que todo estea completado) e que nunca levou á aprobación da política porque sempre restábanlle cousas por facer. En calquera caso, as políticas poden (e deben) ser ampliadas e precisadas co tempo, segundo se detecten necesidades, mais non fixar estándares até que non quede nada por discutir levaría a que dentro de 7 anos seguísemos igual, sen política algunha e cadaquén facendo o que lle petase. --[[Usuario:Norrin strange|Norrin]]<sup> ([[Conversa_Usuario:Norrin strange|Fálame]])</sup> 1 de abril de 2014 ás 06:52 (UTC)
 
;Neutros