Club Deportivo Zalaeta: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q8347100
Jglamela (conversa | contribucións)
→‎Historia: Arranxos
Liña 35:
Coa fundación da [[Federación Galega de Rugby]] en [[1983]], creouse por vez primeira unha liga autonómica, como había noutras rexións de [[España]] dende había anos. Nesta primeira edición da liga galega de rugby inscribíronse 5 equipos: o [[Club de Rugby Arquitectura Técnica|CRAT]] da [[A Coruña|Coruña]], o Marina de [[Ferrol]], o CDU de [[Santiago de Compostela]], o Bocoi de [[Vigo]] e o CD Zalaeta.
 
No ano [[1984]] o club acadou o primeiro campionato galego celebrado en categoría xuvenil, polo cal participou de seguidodeseguido no campionato de España, caendo na primeira rolda fronte ó [[CD Lourdes]] de [[Valladolid]] (equipo que 3tres anos máis adiante sería refundado como o actual [[VRAC]]). Aquel encontro tivo moita repercusión no rugby coruñés xa que foi a primeira actividade a nivel nacional dun club de rugby da cidade, e o CD Lourdes era un equipo de primeiro nivel, cuxo primeiro equipo contaba con algúns xogadores internacionais. O adestrador do CD Zalaeta naquel ano era Jorge Carman, un antigo xogador que tiña experiencia no CR Olivos arxentino.
 
No ano [[1985]] a sección de rugby quedou como única actividade do club, desaparecendo tódalas demais seccións deportivas. Nese mesmo ano o equipo senior acadou o subcampionato na liga galega, cun dos equipos máis competitivos do club na súa historia, debido a que varios xogadores de equipos de [[Liga Española de rugby|División de Honra]] estaban facendo o [[servizo militar]] na cidade herculina, razón pola cal xogaban ese ano co club. O equipo Marina de Ferrol privou ó CD Zalaeta do título no último encontro. Nese encontro, a pesar de perder, o equipo coruñés empatou na clasificación cos ferroláns, polo que se debería ter xogado un encontro de desempate, mais as lesións levaron ó Zalaeta a renunciar, perdendo dese xeito o título.
 
En [[1987]] accedeu á presidencia do club Julián Valiente Romero, quen levou a cabo un proxecto de mellora do club, asinando acontratando un adestrador con experiencia no [[Club de Rugby El Salvador|CR El Salvador]] de [[Valladolid]], e asinandocontratando tamén por vez primeira a un preparador físico. O equipo clasificouse para a fase de ascenso xunto co [[Xabarín RC]] de [[Lugo]], [[Club de Rugby Independiente|CD Independiente]] de [[Santander]], o Ferroplas de [[Burgos]] e o Revillagigedo de [[Xixón]].
 
=== Anos '90 ===
Liña 47:
Na tempada 1994/95 o club gañou por primeira vez na súa historia a liga galega de rugby, impoñéndose ó [[Compostela RC]]. O adestrador daquel equipo do CD Zalaeta era Ángel Garita, un antigo xogador do [[C.R Liceo Francés|CR Liceo Francés]] de [[Madrid]]. Na fase de ascenso á [[Primeira División Nacional]] caeron fronte á sección de rugby do [[Sporting de Xixón]].
 
En [[1996]] houbo de novo un troco na presidencia, chegando a ela Mauricio Iglesias, cuxa prioridade foron as categorías inferiores, facendo que o club comezase a colaborar con varios colexios da cidade. Non obstante, Mauricio Iglesias tivo de dimitir por razóns profesionais, o cal fixo posible que chegase á presidencia Miguel Peón, un antigo xogador do club, que tentou levar a cabo o mesmo traballo coas categorías interioresinferiores.
 
En [[1997]] foi Jesús Varela "Papi" quequen chegou á presidencia, cun obxectivo principal: o ascenso a Primeira Nacional. Para iso tentou reorganizar a estructuraestrutura do club, atraer novonovos socios, e acadar novas fontes de financiamento.
 
=== Século XXI ===
Liña 57:
A primeira tempada do CD Zalaeta en categorías nacionais foi deportivamente moi dura. Coincidiu no grupo A da Primeira División Nacional co [[Vigo Rugby Club]], cos filiais de [[Club de Rugby El Salvador|CR El Salvador]] e [[VRAC]], co [[Belenos RC]], co Universidad de León e co Universidad de Oviedo. O equipo non acadou ningunha vitoria, e rematou na última posición, malia o cal non descendeu, xa que foi ampliado o número de participantes para a seguinte tempada. Nese mesmo ano xogou por vez primeira a final da [[Copa Galiza de Rugby|Copa Xunta]] ante o [[Vigo Rugby Club|Vigo RC]].
 
Na tempada 2002/03, o club celebrou o seu 20º aniversario. O equipo coincidiu ese ano no grupo A da Primeira División Nacional co [[Vigo Rugby Club]], co [[CRAT]], co filial do [[VRAC]], co [[Belenos RC]], co [[Ingleses R.C.|Ingleses RC]], co Universidad de Oviedo, co Universidad de León e co [[Club de Rugby Lalín|CR Lalín]]. Nesta ocasión o CD Zalaeta rematou 9º entre 10 equipos, acadando o obxectivo da permanencia. Ese ano Roberto Anido deixou o cargo de adestrador do primeiro equipo despois de 7sete anos, sendo sustituido por Carlos del Río.
 
O primeiro ano como adestrador de Carlos de Río "Raper" á fronte do CD Zalaeta na tempada 2003/04 foi boabo, xa que de novo o CD Zalaeta acadou a permanencia na Primeira Nacional, logo de rematar 7º entre os 9 equipos do grupo A.
 
Na seguinte tempada, a [[Federación Española de Rugby]] reformou de novo a categoría, pasando o grupo A a contar con só 6 equipos galegos e asturianos. O CD Zalaeta rematou 4º, o cal lle deu o dereito a manter a categoría, pero o club viuse obrigado a descender de división por mor do incumprimento na obriga de manter equipos en tódalas categorías inferiores.
Liña 68:
 
Na tempada 2009/10 o equipo ascendeu de novo dende a [[Liga Galega de Rugby|liga galega]] á [[Primeira División Nacional]]. Non obstante, tralo seu ano en Primeira Nacional durante a tempada 2010/11, o club tivo que descender de novo á categoría rexional, disputando a [[Liga Galega de Rugby 2011-12|edición 2011/12 da liga galega]], na que rematou 2º tralo filial do [[Vigo Rugby Club]].
 
==Sección feminina==
A sección feminina de rugby do CD Zalaeta foi creada na tempada 2009/10. Na tempada 2010/11 debutou en competición oficial na liga galega feminina. Na tempada 2011/12 o equipo rematou 3º entre 5 equipos, só superado polos equipos femininos do [[CRAT]] e do [[Vigo Rugby Club|Vigo RC]].