Corán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Islam en minúscula
Liña 1:
[[Ficheiro:Abbasid Koran folio from Egypt.jpg|miniatura|Corán abásida, século X]]
O '''Corán''' ou '''Alcorán'''<ref>O Vocabulario Ortográfico da Lingua Galega admite as dúas formas</ref>' (en [[Lingua árabe|árabe]]: القرآن al-qur'ān, literalmente "a recitación"; tamén '''Al Qur'ān Al Karīm''' ou "O Nobre Corán") é o [[libro sagrado]] do [[Islamislam]].
 
Os [[musulmán]]s cren que o Corán é a transcrición da palabra literal de [[Alá|Deus]] e a culminación da revelación de Deus á humanidade, transmitida a través do profeta [[Mahoma]] durante un período de 23 anos polo anxo Jibreel ([[Arcanxo Gabriel|Gabriel]]). O Corán consiste de 114 [[sura]]s, ou capítulos, cun total de 6.236 [[aleia]]s (versículos). O Corán retoma moitos personaxes que aparecen nos libros sagrados do [[xudaísmo]] e do [[cristianismo]] ([[Torah]] e [[Biblia]]) e na literatura devota ([[apócrifo]]s), con moitas diferenzas de detalle. Personaxes bíblicas moi coñecidas, como [[Adán]], [[Noé]], [[Abraham]], [[Moisés]], [[Xesús]] e [[Xoán o Bautista]] aparecen mencionados como [[profeta]]s.
Liña 56:
A [[crítica textual]] bíblica revolucionou o [[Xudaísmo]] e o [[Cristianismo]] ao cuestionar asuncións moi establecidas sobre as orixes da [[Biblia]]; algúns críticos textuais están a facer o mesmo co Corán. Indican que partes do Corán están baseados en historias dos [[Tanakh]] (a Biblia hebrea), o [[Novo Testamento]], a Biblia cristiá e outras obras cristiás non canónicas. As diferenzas entre as versións bíblicas e as coránicas suxiren que estas historias non se tomaron directamente dos textos escritos, senón que eran parte das tradicións orais da [[Península arábica]] en tempos de Mahoma. Para os musulmáns, as historias xudías e cristiás son simplemente corrupcións textuais dun orixinal divino case perdido que se reflexa no Corán.
 
Esta crítica procura tamén atopar probas da evolución do texto e das disputas sobre a transcrición no Islamislam primeiro. O recente descubrimento dos "Cemiterios do Corán" en [[Iemen]] parece que poderá achegar nova luz sobre a materia.
 
== Interpretación do Corán ==
Liña 62:
De acordo cos testemuños máis antigos, escritos todos eles por crentes, o Corán foi revelado aos poucos durante o período extenso. Cada sura, e ás veces mesmo cada versículo individual, ten as súas propias circunstancias específicas. Nalgúns casos, estas menciónanse nos coñecidos [[tafsir]]s (por exemplo, a surat [[Iqra]], ou moitas partes, incluídos os ayat 190-194, da surat [[al-Baqarah]]); noutros casos (p.ex. surat [[al-Asr]]), o máis que se pode dicer é en que cidade vivía o Profeta na altura (dividindo entre as suras de Makkan e as de Medina). Nalgúns casos, tal e como na surat [[al-Kawthar]], hai diverxencias sobre as circunstancias e tradicións diferentes fornecen unha relación diferente. Porén, cando son coñecidas, as circunstancias considéranse unha axuda importante para comprender o significado pretendido de cada versículo. O telón de foro máis xeral do Corán, especialmente o histórico, tamén ten valor para a súa interpretación. Por exemplo, non sería posíbel entender ben a surat [[al-Fil]] sen coñecer o que os primeiros historiadores árabes contan do [[Ano do Elefante]].
 
A axuda externa de maior utilidade á hora de interpretar os significados do Corán son os [[Hadith]], a colección de tradicións islámicas da que derivan os detalles da historia islámica primitiva. Unha completa ciencia da [[isnad]] apareceu nos primeiros séculos do Islamislam que pretendía clasificar supostos ditos de acordo coa súa fiabilidade. A interpretación do Corán derivou logo na súa propia ciencia, a ''ilm at-[[tafsir]]''. De entre os comentadores máis famosos destacan [[at-Tabari]], az-Zamakhshari, at-Tirmidhi e [[Ibn Kathir]]. Encanto que estes comentarios mencionan todas as interpretacións comunmente aceptadas, os comentarios fundamentalistas modernos, como o de [[Sayyed Qutb]] tenden a cinxirse a só unha das interpretacións posíbeis.
 
A crenza na orixe divina, directa e ininterrompida é fundamental para o Islamislam. Isto supón crer que o Corán non contén erros nin inconsistencias. Así, a surat [[al-Baqarah]] di no seu versículo segundo: "Este é o libro no que non non caben dúbidas, un guía para os crentes". Porén, é ben sabido que certos versículos cronoloxicamente posteriores substitúen a outros anteriores. Por exemplo, a prohibición do viño logrouse gradualmente e non inmediatamente, e mentres que para algúns estudosos certos versículos que desaconsellan certas prácticas (como a [[poligamia]]) sen prohibilas de todo débense interpretar como parte dun proceso semellante, para outros isto contradí a sura 5,3 ("Neste día perfeccionei a vosa relixión para vós, completei o Meu favor sobre vós e escollín para vós o Islamislam como relixión").
 
Con referencia á mensaxe básica do Corán hai tres ideas que se reiteran no libre: esta vida é unha proba; o alén é certo; as nosas accións nesta vida teñen consecuencias na vindeira.
Liña 70:
== O Corán "creado" e o "non-creado" ==
 
As variedades máis estendidas de teoloxía musulmá consideran que o Corán é eterno e "non-creado", reflectindo certos aspectos da [[filosofía]] grega, en concreto as teorías de [[Platón]] segundo as que as realidades e verdades últimas son eternas e inmutábeis. Dado que os musulmáns cren que as figuras bíblicas como [[Moisés]] e [[Xesús Cristo]] predicaron o Islánislam, a doutrina dunha revelación inmutábel e non creada implica que as contradicións entre as súas afirmacións en relación co Corán e a Biblia han de ser o resultado da corrupción humana das revelacións divinas anteriores.
 
Porén, algúns, entre eles as seitas [[Mu'tazili]] e [[Ismailí]], contradicen esta doutrina do Corán non creado. Varios movementos liberais dentro do Islamislam cuestionan, implicitamente ou explicitamente, a doutrina do Corán non creado ao discutir a aplicabilidade e validez da [[lei islámica]], xa que as súas xustificacións baséanse con frecuencia na crenza de que esas leis foron creadas por Deus para afrontar necesidades e circunstancias específicas da comunidade de Mahoma.
 
De entre as moitas razóns ofrecidas por esas voces disidentes para a súa crítica da doutrina dun Corán eterno están as implicacións que tería para a doutrina da ''tawhid'', ou unidade de Deus. Se o Corán é a fala eterna e non-creada de Alá, fala que existiu sempre xunto con El, estase a presentar un concepto plural da natureza de Deus.