Federica de Hannover: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 47:
O [[1 de setembro]] de [[1946]], Grecia decidiu mediante [[plebiscito]] restaurar ao rei [[Xurxo II de Grecia|Xurxo II]] no trono. Deste xeito Paulo e Federica convertíanse en príncipes herdeiros. Un ano máis tarde, o [[1 de abril]] de [[1947]], o rei Xurxo II morría, e Federica e o seu marido ascendían ao trono.
 
Tras a [[Guerra civil grega|guerra civil]] (1946-1949) os reis, en calidade representativa, loitaron por reconstruír un país empobrecido tras unha gran inestabilidade política. Naqueles anos, a raíña Federica impulsou en todo o país a creación dunha rede de 53 orfanatos, para acoller a orfos e a nenos de familias empobrecidas e desestructuradas pola guerra civil, procedentes na súa maioría da rexión de [[Macedonia, - ΜακεδονίαGrecia|Macedonia]].
 
A principios dos [[anos 1960|anos 60]], parte da opinión pública próxima á oposición empezou a reprochar á familia real os gastos suntuosos que a coroa orixinaba ao Estado, nun país cuxa recuperación económica aínda dependía en boa medida da axuda estranxeira. O rei morreu o [[6 de marzo]] de [[1964]] e Federica converteuse en raíña nai do seu fillo [[Constantino II de Grecia|Constantino II]]. Durante o reinado do seu fillo, Federica foi criticada en numerosas ocasións por inducir en exceso ao novo rei. En [[1967]], tras o [[Ditadura dos coroneis|golpe dos coroneis]], Federica fuxiu de Grecia xunto á familia real despois de que fracasase o contragolpe intentado por Constantino. Federica instalouse en [[Roma]] e, posteriormente, a familia real trasladouse a [[Londres]].