Conservación e restauración: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
→‎Tipos: lig. interna a si mesma
Código deontolóxico
Etiquetas: Edición visual gettingstarted edit
Liña 7:
A pesar de ter máis tradición, nas últimas décadas o termo '''restauración''' tiña virado a designar a actividade do [[Cociñeiro|chef]] culinario, producindo unha confusión entre a conservación-restauración e a [[hostalaría]]. Por esta e outras razóns de consenso dentro da comunidade de conservadores-restauradores en todo o mundo, na actualidade emprégase o termo conservación-restauración ou simplemente conservación, considerando a restauración un tipo específico de traballo dentro da mesma.
 
Dende un punto de vista científico existen múltiples definicións da conservación-restauración<ref>[http://ge-iic.com/files/Cartasydocumentos/1984_El_conservador-restaurador_una_definicion_de_la_profesion.pdf Unha definición da profesión (es)]
</ref>. Segundo [[Cesare Brandi]], por exemplo, chámase ''restauración'' a ''calquera intervención dirixida a devolver a eficiencia a un produto da actividade humana''.
 
==== Tipos ====
Liña 29 ⟶ 30:
==Especialidades, estudos oficiais e institucións==
Nos centros que imparten estes estudos, así como en numerosas institucións de conservación e museus, é habitual a compartimentación en varios bloques ou especialidades. Esas especialidades dependen do material co que se traballa, do tipo de ben cultural co que se trata ou de ambas cousas: escultura, pintura, arqueoloxía, papel, tecidos, mobiliario, instrumentos musicais... A pesares de que existen importantes institucións internacionais adicadas á conservación e restauración de bens culturais (por exemplo o [https://www.iiconservation.org/ IIC]), pode dicirse que esta é unha disciplina relativamente nova, de maneira que non existe un consenso claro para este tipo de estudos no [[Espazo Europeo de Educación Superior]]. A situación é diversa dependendo do país escollido. O resultado é que en España existen titulacións de estudos superiores impartidos tanto nas universidades como nas escolas superiores, dependentes estas últimas das administracións autonómicas. Ambas titulacións son teoricamente equivalentes, pero iso non é obstáculo para que se teña producido unha importante polémica sobre a atribución do título de [[Grao académico|grao]] <ref> Esta polémica afecta, en realidade, a todas as titulacións de ensinanzas artísticas superiores do estado español. </ref>. Na Galiza o único título oficial é o impartido pola [[Escola Superior de Conservación e Restauración de Bens Culturais de Galicia]].
 
== Código deontolóxico ==
A conservación-restauración como todas as disciplinas científicas ten o seu propio [[código deontolóxico]].
* Respecto aos bens: o que significa que debe terse en consideración o seu contido material, tanto a parte física da obra, como o seu contido inmaterial, isto é, a súa mensaxe histórica, ideolóxica, artística, evocional, etc. Porén, antes de calquera intervención é necesario realizar un exhaustivo estudo do ben en función deses dous parámetros. E, ademais, debe atenderse a posibles reparacións ou modificacións que teña sufrido en épocas anteriores, que poden ou non ser de grande significado histórico.
* Mínima intervención: as accións efectuadas sobre a obra deben limitarse ao mínimo necesario que sexa efectivo para garantir a preservación dos bens e os valores antes citados, en tanto que, cada nova intervención afasta máis a obra da súa orixinalidade. Polo tanto, debe premiar unha conservación preventiva por riba dunha conservación activa ou restauración.
* Reversibilidade: as intervención ou tratamentos realizados sobre las obras, así como os materiais o produtos introducidos nelas deben ser reversibles, é dicir, que podan ser eliminados no futuro sen danar as obras, en caso de necesidade porque as intervencións sobre as obras as modifican e responden aos criterios existentes no momento da súa realización e pode ser necesario realizar novas intervencións o que as antigas non sexan compatibles coas novas. 
* Documentación obxectiva e completa a través do informe: todas as intervencións deben documentarse do xeito más completo e obxectivo posible a través dos informes para que podan ser consultados por futuros investigadores ou conservadores-restauradores que precisen coñecer que materiais ou tratamentos tivo a peza nun momento determinado.
* Consciencia das limitacións: o conservador-restaurador debe ser consciente das súas propias limitacións e non debe tomar decisións que vaian máis alá dos seus coñecementos, nin realizar tarefas que superen as súas propias habilidades e, por iso, debe estar cualificado para o traballo que vai realizar. 
* Actualización dos coñecementos técnicos: é indispensable que o conservador-restaurador teña os seus coñecementos técnicos ao día mediante unha aprendizaxe continuada e perseverante pola constante aparición de técnicas e materiais novos.
* Responsabilidades e compromisos: o conservador-restaurador ao aceptar a profesión adquire unha serie de compromisos e responsabilidades que debe estar disposto a cumpliar para co patrimonio, para coa sociedade presente e futura e cara os profesionais da súa disciplina. 
 
== Notas ==