Eslovenia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
→‎Relixión: da wikipedia en inglés
Liña 232:
A lingua oficial de Eslovenia é o [[Lingua eslovena|esloveno]], membro da familia das linguas eslavas do sur de Europa. O [[lingua húngara|húngaro]] e o [[Lingua italiana|italiano]] son cooficiais co esloveno nas rexións veciñas con [[Hungría]] e [[Italia]].
 
=== Relixión ===
A relixión maioritaria dos eslovenos é o [[Catolicismo]]. Antes do [[socialismo]], o 88% dos eslovenos considerábase católico, mentres que no censo de [[1991]] esta cifra baixara ata o 71.6%, no [[2002]] era do 57.8%, e a cifra seguen baixando.
 
Antes da [[Segunda Guerra Mundial]] o 97% dos eslovenos considerábanse católicos, o 2,3% protestantes e o 0,6% ortodoxos<ref>[http://www.stat.si/popis2002/gradivo/2-169.pdf Šircelj, Milivoja (2003). ''Verska, jezikovna in narodna sestava prebivalstva Slovenije: Popisi 1921-2002'' (PDF) (2). Statistični urad Republike Slovenije]</ref>, o [[catolicismo]] como relixión tradicional dos eslovenos tiña unha grande importancia na vida social e política. Despois de 1945 o país foi cara a un proceso de gradual pero continua [[secularización]], e tras unha época de persecución da vida relixiosa, o réxime comunista adoptou unha política de relativa tolerancia cara ás igrexas, limitando porén as súas funcións sociais. Na década de 1990 logo da caída do comunismo, a Igrexa Católica renovou algo a súa antiga influencia, pero Eslovenia permanece con moito unha sociedade secularizada. Segundo o censo de 2002 un 57,8% da poboación declárase católica, como no resto de Europa é unha porcentaxe que está a diminuír, así no censo de 1991 era do 71,6%. A inmensa maioría dos católicos son do [[Igrexa Católica Latina|rito latino]], hai uns 1600<ref>[http://www.druzina.si/icd/spletnastran.nsf/all/748D8CEFC0F98732C12578870032C1CE?OpenDocument "Vzhodna liturgija v ljubljanski stolnici ob 400. obletnici Križevske eparhije" ''Družina'', 6 de maio de 2011]</ref> [[Igrexas católicas orientais|greco católicos]], pero as dúas únicas igrexas, con arredor de 500 fieis, están na rexión de [[Carniola Branca]]<ref>[http://www.belokranjec.si/novice/pogovarjamo-se-z-mihajlom-jozafatom-hardijem/478 "Pogovarjamo se z ... Mihajlom Jozafatom Hardijem" ''Belokrajec na spletu'', 21 de decembro de 2010]</ref>.
 
A pesar de ser os protestantes relativamente poucos, historicamente exerceron unha grande influencia na conformación da lingua estándar eslovena e na súa literatura, que ten a súa orixe na reforma protestante do século XVI. Un 0.9% dos eslovenos declarábanse protestantes en 2002, a maioría pertencentes á [[Igrexa Luterana Eslovena]] que ten un bispo e que ten unha presenza significativa no leste da rexión de [[Prekmurje]]. Os xudeus, aínda que sen formar unha gran comunidade, estiveron presentes historicamente no país pero tras o [[Holocausto]] e a desaparición de [[Iusgoslavia]] só quedou unha sinagoga activa na capital<ref>[http://www.jewishvirtuallibrary.org/jsource/vjw/slovenia.html "The Virtual Jewish History Tour - Slovenia". Jewishvirtuallibrary.org. 4 de marzo de 2003. Consultado o 30 de marzo de 2014.]</ref>.
 
Segundo o censo de 2002 o [[islam]] é a segunda comunidade relixiosa do país, á que pertencen arredor do 2,4% da poboación, a maioría procede de [[Bosnia (rexión)|Bosnia]], [[Kosovo]] e [[República de Macedonia|Macedonia]].<ref>{{cita web|url=http://www.islamska-skupnost.si/index.php?option=com_content&view=article&id=1&Itemid=2 |title=Islamska Skupnost v Republiki Sloveniji |publisher=Islamska-skupnost.si |date= |accessdate=2 de xuño de 2012}}</ref> A terceira denominación, con arredor do 2,2% da poboación é a [[Igrexa Ortodoxa|ortodoxa]], a maioría membros da [[Igrexa Ortodoxa Serbia]] e unha minoría da [[Igrexa Ortodoxa Macedonia|Macedonia]].
 
En 2002 o 10% dos eslovenos declaráronse [[ateísmo|ateos]], ooutro 10% non profesaba unha denominación específica, e o 16% non responderon á pregunta do censo sobre afiliación relixiosa. Consonte o [[Eurobarómetro]] de 2010,<ref>{{cita web|url=http://ec.europa.eu/public_opinion/archives/ebs/ebs_341_en.pdf|title=Special Eurobarometer, biotechnology, page 204|date=Fieldwork: Xan-Feb 2010|format=PDF}}</ref> 32% dos eslovenos responderon que crían que existía un deus, un 36% que existía algunha clase de espírito ou forza vital e 26% que non crían en clase ningunha de espírito, deus ou forza vital.
 
== Cultura ==