Elemento SECIS: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
Nas [[bacteria]]s o elemento SECIS está situado pouco despois do codón UGA ao que afecta. Nas [[arquea]]s e [[célula eucariótica|eucariota]]s aparece na rexión [[3' UTR]] dos [[ARNm]], e pode facer que múltiples codóns UGA do ARNm pasen a codificar selenocisteína. Atopouse un elemento SECIS de arqueas, en ''[[Methanococcus]],'' que está localizado na rexión [[5' UTR]].
 
O elemento SECIS está definido polas características da súa secuencia, é dicir, determinados nucleótidos tenden a ocupar determinadas posicións nel, e ten unha estrutura secundaria característica. A estrutura secundaria é o resultado do emparellamento de bases complementarias dos nucleótidos do [[ARN]], e causa a formación dunha estrutura similar a unha forquita. O elemento SECIS eucariótico inclúe [[par de bases|pares de bases]] [[adenina|A]]-[[guanina|G]] non canónicos, o cal é pouco común na natureza, pero que son fundamentais para o funcionamento correcto do elemento SECIS. Aínda que os elementos SECIS de eucariotas, arqueas e bacterias comparten a mesma estrutura xeral en forquita, non son todos aliñables; por exemplo, un esquema baseado no [[aliñamento de secuencias|aliñamento]] para recoñecer os elementos SECIS eucarióticos non serviría para recoñecer un elemento SECIS de arqueas.
 
En [[bioinformática]], creáronse varios programas informáticos para buscar elementos SECIS nun [[xenoma]], baseados na secuencia e estrutura secundaria característica destes elementos. Estes programas utilizáronse na procura de novas [[selenoproteína]]s. <ref name="pmid=12458087">{{cite journal | last = Lambert | first = A | coauthors = Lescure A, Gautheret D | year = 2002 | title = A survey of metazoan selenocysteine insertion sequences | journal = Biochimie | volume = 84 | pages = 953&ndash;959 | pmid = 12458087 | doi = 10.1016/S0300-9084(02)01441-4 | issue = 9}}</ref>