Abrir o menú principal

Cambios

En condicións de [[hipoxia]], duplícase a síntese de citoglobina na maioría dos tecidos, e aínda aumenta máis no corazón e fígado.<ref>Marc Schmidt, Frank Gerlach, Aaron Avivi, Thorsten Burmester et al., (2004). Cytoglobin Is a Respiratory Protein in Connective Tissue and Neurons, Which Is Up-regulated by Hypoxia. ''J. Biol. Chem.'' 279(9); 8063-8069. [http://www.jbc.org/content/279/9/8063.full]</ref> Este mecanismo pode explicarse polo feito de que a citoglobina seve para almacenar e facilitar o transporte de oxíxeno cara á [[cadea respiratoria]] [[mitocondria]]l.<ref>Sawai H., Kawada N., Yoshizato K., Nakajima H., Aono S., Shiro Y., (2003). Characterization of the heme environmental structure of cytoglobin, a fourth globin in humans. ''Biochemistry'' 42(17); 5133-42. PMID 12718557.</ref>
A presenza de citoglobina nas [[neurona]]s formula varias cuestións sobre as súas funcións no [[sistema nervioso central]], xa que este tecido posúe a súa propia globina específica, a [[neuroglobina]]. Considérase que pode ter un papel potencial como doante de O<small>2</small> para certas reaccións encimáticas, entre outras a síntese do [[óxido nítrico|NO]] a partir de [[arxinina]] polas [[NO sintase]]s<ref>Leone A. M., Palmer R. M., Knowles R. G., Francis P. L., Ashton D. S., and Moncada S., (1991). Constitutive and inducible nitric oxide synthases incorporate molecular oxygen into both nitric oxide and citrulline. ''J. Biol. Chem.'' 266; 23790-23795. [http://www.jbc.org/content/266/35/23790.abstract]</ref>.
 
As funcións que se cre pode realizar a citoglobina son: facilitar a difusión do oxíxeno nos tecidos, recoller o [[óxido nítrico]] ou as [[especies reactivas do oxíxeno]], ou realizar unha función protectora durante o [[estrés oxidativo]]. (Trent and Hargrove, 2002).
 
==Notas ==
173.560

edicións