Abrir o menú principal

Cambios

A citoglobina atópase no [[citoplasma]] da maior parte dos tipos celulares, pero a súa taxa de produción revelada pola técnica de [[Northern blot]] difire dun tecido a outro. Esta distribución da [[expresión xénica|expresión]] non concorda con que a súa función sexa exclusivamente respiratoria. De feito, segundo outros estudos, a citoglobina sintetízase preerentemente nas células do [[tecido conxuntivo]] ([[fibroblasto]]s) e células de sostén ([[condrocito]]s e [[osteoblasto]]s), o que apoia a hipótese de que está implicada na síntese do [[coláxeno]]. É posible que a citoglobina forneza oxíxeno á [[prolil-4-hidroxilase]] ({{EC number|1.14.11.2}}), un ferroencima clave que cataliza a [[hidroxilación]] dos residuos de [[prolina]] da molécula de [[procoláxeno]].<ref>'''Kivirikko K. I., and Myllyharju J., (1998)'''. Prolyl 4-hydroxylases and their protein disulfide isomerase subunit. ''Matrix Biol.'' 16; 357-368.</ref>
 
En condicións de [[hipoxia]], duplícase a síntese de citoglobina na maioría dos tecidos, e aínda aumenta máis no corazón e fígado.<ref>'''Marc Schmidt, Frank Gerlach, Aaron Avivi, Thorsten Burmester et al., (2004)'''. Cytoglobin Is a Respiratory Protein in Connective Tissue and Neurons, Which Is Up-regulated by Hypoxia. ''J. Biol. Chem.'' 279(9); 8063-8069.</ref> Este mecanismo pode explicarse polo feito de que a citoglobina seve para almacenar e facilitar o transporte de oxíxeno cara á [[cadea respiratoria]] [[mitocondria]]l.<ref>'''Sawai H., Kawada N., Yoshizato K., Nakajima H., Aono S., Shiro Y., (2003)'''. Characterization of the heme environmental structure of cytoglobin, a fourth globin in humans. ''Biochemistry'' 42(17); 5133-42.</ref>
A presenza de citoglobina nas [[neurona]]s formula varias cuestións sobre as súas funcións no [[sistema nervioso central]], xa que este tecido posúe xaa súa unhapropia globina específica, a [[neuroglobina]]. Considérase oque pode ter seuun papel potencial como doante de O<small>2</small> para certas reaccións encimáticas, entre outras a síntese do [[óxido nítrico|NO]] a partir de [[arxinina]] polas [[NO sintase]]s<ref>'''Leone A. M., Palmer R. M., Knowles R. G., Francis P. L., Ashton D. S., and Moncada S., (1991)'''. Constitutive and inducible nitric oxide synthases incorporate molecular oxygen into both nitric oxide and citrulline. ''J. Biol. Chem.'' 266; 23790-23795.</ref>.
 
==Notas ==
173.735

edicións