Diferenzas entre revisións de «Conversa:Curtis»

(Desfíxose a edición 3226858 de Ceivar (conversa))
O nome, non ven dado pola localidade do mesmo, senon que pola histórica parroquia de Santa Eulalia de Curtis, da cal é capital a entidade poboacional de Santaia. Dita parroquia foi unha mesma entidade parroquial, coa parroquia do concello de Vilasantar, San Vicenzo de Curtis, a cal ainda ten no seu nome referencia do mesmo. Despois sobre a posible orixe do nome de Curtis, hai duas teorías bastante extendidas, unha é a de que o oficio de curtidor foi moi popular na idade media en dita parroquia, pola gran existencia de pozos interiores en casas das parroquias e a máis creible, di que o campamento militar da aldea da "Ciadella" (Cohors I Celtiberorum), ou como queren facerlle chamar agora Ciudadela, no concello de Sobrado dos Monxes, foi a orixe de dito nome. Dita entidade poboacional, atópase da de Santaia a escasos 2 kilometros. O nome de Curtis, pobo, ven dado a que o mesmo se lle comezou a chamar A Estación de Curtis, por ser a maior de dito concello. Co paso do tempo a aldea de Budeos, núcleo orixinal do pobo de Curtis, adquiriu por uso popular o nome de Curtis-Estación, ata que co paso do tempo o longo do século XX, se lle acabou chamando simplemente como é coñecido na actualidade, CURTIS. Ditas informacións están contrastadas na historia do concello de Curtis, editado polo mesmo concello e por parrocos que pasaron pola parroquia de Santa Eulalia de Curtis, como foi Don Sergio Vázquez Rouco. http://www.lavozdegalicia.es/hemeroteca/2003/12/23/2275621.shtml --Ceivar (conversa) 28 de marzo de 2014 ás 19:26 (UTC)
::Desfixen a edición por non respetar a toponimia oficial, tal como se reflicte no Nomeclátor da Xunta, Santaia de Curtis.--[[Usuario:Sernostri|Sernostri]] ([[Conversa usuario:Sernostri|conversa]]) 28 de marzo de 2014 ás 20:52 (UTC)
 
 
<i>O concello ten dous importantes núcleos de poboación separados 12 km: Teixeiro, onde está a casa do concello,
e Curtis, que dá nome ao concello.</i>
 
Pode ser confuso. Non se quere dicir que a localidade actual de Curtis dea nome ao concello. O concello de Curtis xa se chamaba así antes de que Teixeiro fose a sede da casa do concello. Curtis da nome ao concello eso é o que se quere dicir no texto. De como se chegou a esa situación queda como exercicio histórico.
Hai varias teorías sobre a orixe do topónimo. A que está no texto é a máis antiga e referenciada, a mesma que di o concello na páxina web. Hai outra,moito máis recente contada polos vellos que din que era o nome dun enxeñeiro que traballou na construción do tren e morreu alí. Esto non está confirmado por ningures.
En canto ao nome das parroquias, modificadas no texto é:
* Santa María de Foxado
* Santa María de Fisteus
* Santa Eulalia de Curtis
* Santa María de Lourdes
 
Como se pode ver aquí-> http://www.curtis.es/index.php/gl/parroquias
Lurdes (nome da parroquia administrativa) e Lourdes da ecelsiástica non teñen uso como topónimo e non existen como tal sobre o terreo. Nunca foron empregadas en Curtis. Curtis é un pobo, non un lugar. E Bodeus chámase así e era o "pobo" orixinario do actual Curtis (ubicación actual de Curtis). Saúdos [[User:Nemigo|Nemigo]] [[File:Bandeira galega civil.svg|20px]] 29 de marzo de 2014 ás 14:04 (UTC)
944

edicións