Horario de verán: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
alongar os días, alargar a roupa, alargar os días, metaforicamente podería ser pero nun texto especializado non.
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 3:
{{Legend|#ef690a|Non usado actualmente}}
{{Legend|#c00000|Non usado nunca}}]]
O '''horario de verán''' é a convención pola que se adiantan os [[reloxo]]s para que as tardes teñan máis luz diúrna e as mañás menos. Normalmente os reloxos adiántanse unha [[hora]] a principios da [[primavera]] e atrásanse en [[outono]] (na UE faise o último domingo de marzo e o último domingo de outubro). Moitas culturas antigas, en cambio, alongaban as horas diúrnas no verán. O horario de verán moderno propúxoo por primeira vez en [[1907]] [[William Willett]] e empregouse amplamente por primeira vez en [[1916]] durante a [[Primeira Guerra Mundial]] para [[aforro de enerxía|aforrar carbón]]. A pesar das controversias, moitos países empregárono desde entón. En Galicia, pola súa situación xeográfica dentro da UE, a diferenciadiferenza respecto da hora solar é de dúas horas no inverno e tres no verán.
 
Engadir tempo de luz diúrna ás tardes beneficia o [[comercio]], a práctica [[deporte|deportiva]] e outras actividades que se benefician da presenza de luz tras a xornada laboral pero pode ocasionar problemas á [[agricultura]] e a outras ocupacións que dependan do tempo solar. O incremento de luz vespertino ao parecer diminúe os [[accidente de tráfico|accidentes de tráfico]], pero os seus efectos sobre a [[saúde]] e o [[crime]] están menos claros. Dise que mediante o horario de verán afórrase [[enerxía eléctrica]] ao reducirse a necesidade de iluminación artificial, pero as evidencias que o apoian son febles.