Prison Break: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Cando lle foi presentada a idea á Fox en 2003 non se interesou por ela pero despois do éxito de series como [[Lost (serie de televisión)|Lost]] ou [[24 (serie de televisión)|24]], Fox decidiu aprobar a súa produción en 2004. A primeira tempada recibiu críticas positivas e tivo boa audiencia, en orixe ían ser 13 episodios pero debido á súa popularidade realizáronse nove episodios máis. Debido á folga de guionistas, o final da terceira tempada tivo que ser reformulado. As primeiras catro tempadas editáronse en [[DVD]] e a primeira e a terceira en [[Blu Ray]]. O éxito da serie inspirou unha serie exclusivamente realizada para [[móbil]]es, [[Prison Break: Proof of Innocence]].
 
== Resumo ==
 
=== Primeira temporada ===
A primeira temporada consta de 22 capítulos. [[Lincoln Burrows]] é acusado de ser o autor dun crime que el di que non o cometeu: asasinar a [[Terrence Steadman]], o irmán da [[Vicepresidente dos Estados Unidos|Vicepresidenta dos Estados Unidos]]. Lincoln é sentenciado a morte e envíano á [[Penitenciaría Estatal Fox River]], para cumprir alí a súa condena até o día da súa execución. [[Michael Scofield]], o irmán menor de Lincoln, está convencido da inocencia do seu irmán e elabora un plan de escape da prisión. Despois de planear a fuga, Michael rouba un banco a man armada para que o encarcelen en Fox River. Dentro do cárcere debe levar a cabo o seu plan, pero debe superar obstáculos, sobrevivir na prisión e aliarse con outros presos para poder escapar co seu irmán da prisión antes da súa data de execución. Mentres, fóra do cárcere a abogada [[Veronica Donovan]], amiga da infancia dos irmáns, fai todo o posible para aclarar a conspiración que levou a Lincoln ao cárcere, pero os axentes secretos dunha organización coñecida como [[A Compañía (Prison Break)|Aa Compañía]], fan o imposible para obstaculizar o traballo de Verónica.
[[Categoría:Series de televisión dos Estados Unidos de América]]