Aleksandr Solzhenitsyn: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Xoio (conversa | contribucións)
varios arranxos
Liña 4:
== Biografía e carreira literaria ==
 
Fillo dun terratenente [[cosaco]] morto pouco antes de que nacese e unha mestra, pasou a súa infancia en [[Rostov do Don]] e estudou na Universidade desta cidade matemáticas e física; xa entón intentou publicar algúns traballos. Graduouse en [[1941]] e empezou a servir ese mesmo ano no exército [[Unión soviética|soviético]] ata [[1945]] no corpo de transportes primeiro e máis tarde de oficial artilleiro. Participou na maior batalla de tanques da historia ([[Batalla de Kursk]]) e foi detido en febreiro de 1945 na fronte de [[Prusia]] Oriental, preto de [[Königsberg]] (hoxe [[Kaliningrado]]) pouco antes de que empezase a ofensiva final do Exército soviético que acabaría en [[Berlín]]. Foi condenado a oito anos de traballos forzados e a desterro perpetuo por opinións antiestalinistas que escribira a un amigo. Encerrárono na [[LubyankaLubianka]] e os primeiros anos do seu cativerio pasounos en varios campos, ata que grazas aos seus coñecementos matemáticos foi a parar a un centro de investigación científica para presos políticos vixiado pola Seguridade do Estado; iso inspirou a súa novela ''[[O primeiro círculo]]''.
 
En [[1950]] foi trasladado a un campo especial na cidade de [[Ekibastuz]], en [[KazajistánCasaquistán]], onde se xestou ''Un día na vida de Iván Denísovich''. Tamén traballou de presidiario mineiro, albanel e forxador, e contraeu un tumor do que foi operado; o cancro reproducíuselle e esa experiencia serviu de material para a súa novela ''[[Pavillón do cancro]]'', que terminou en [[1967]]. Un mes logo de cumprir os oito anos de condena, [[Stalin]] morrera, aínda que as penas de Solzhenitsyn non acabaran. Aínda tiña que cumprir o desterro «a perpetuidade», polo que foi enviado a [[Kok Teren]] desde marzo de [[1953]] a [[1956]], o que aproveitou para escribir en segredo mentres daba clases na escola primaria. Liberado e rehabilitado en 1956, a Solzhenitsyn permitíuselle vivir en [[Vladímir]] e [[RyazánRiazán]], no centro de Rusia, onde puido levar unha vida normal, dando clases de matemáticas e escribindo sobre as súas experiencias no cárcere. Ese foi o material da súa primeira novela, ''Un día na vida de Iván Denísovich'' (novembro de [[1962]]), que foi publicada grazas ao ''desxeo'' provocado pola denuncia do [[Estalinismo]] realizada no [[XX Congreso do PCUS|XX congreso]] do [[PCUS]] por [[Nikita JruschovKhrushchev]]. Fíxoo o poeta [[Aleksándr Tvardovski]] na revista literaria que dirixía, a máis importante do seu país, ''Novy Mir'' (''Novo Mundo'') e procuroulle unha gran popularidade na [[URSS]] e fóra dela. Pero a apertura durou pouco e o autor pasou os últimos anos sesenta nun forcexeo constante para pór a salvo do [[KGB]] os seus arquivos e manuscritos, moitos deles difundidos por toda Rusia en ''[[samizdat]]'', copias rudimentarias clandestinas. ''Un día na vida de Iván Denísovich'' foi prohibida, e o orixinal de ''O primeiro círculo'', do que o autor fixera varias versións, foi confiscado, así como todos os seus papeis.
 
Antes publicara a duras penas ''Nunca cometemos erros'' ([[1963]]) e ''Polo ben da causa'' ([[1964]]). En [[1969]] foi expulsado da [[Unión de Escritores Soviéticos]] por denunciar que a censura oficial lle prohibira varios traballos, podendo apenas publicar as novelas ''O primeiro círculo'' ([[1968]]), ''O pavillón do cancro'' (1968-[[1969]]) e ''Agosto 1914'' ([[1971]]). O galardón do [[Premio Nobel]] de Literatura de [[1970]] acudiu na súa axuda; declinou, con todo, ir a [[Estocolmo]] por temor a que as autoridades soviéticas non lle permitisen regresar e, tamén, para ultimar a súa obra máis coñecida, o monumental ''[[Arquipélago Gulag]]''. A primeira parte foi publicada en decembro de [[1973]] en [[París]], despois de que unha copia do manuscrito se perdese ao caer en mans do KGB na URSS e a súa portadora, secretaria do autor, se suicidase tras ser torturada. «Co corazón oprimido -explicou na primeira páxina-, durante anos abstívenme de publicar este libro, xa rematado. O deber para os que aínda vivían podía máis que o deber para cos mortos. Pero agora, cando a pesares de todo, caeu en mans da Seguridade do Estado, non me queda máis remedio que publicalo inmediatamente».