Checoslovaquia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
{{Xeografía en progreso}}
→‎Historia: máis da es:wiki
Liña 36:
 
==Historia==
{{historia en progreso}}
O estado creouse en [[1919]]. En [[1938]] convertese en zona de influencia do [[Terceiro Reich]] tralos [[acordos de MunichMúnic]]. En [[1945]] foi liberado polas tropas rusas, e en [[1947]] caeu baixo influencia soviética. En [[1968]] tivo lugar a [[Primavera de Praga]].
 
=== República Federal Checa e Eslovaca (1990-1992) ===
==== Adopción do nome ====
A diferenza do que sucedeu en [[Iugoslavia]] e a [[Unión Soviética]], a caída do comunismo neste país non significou o final da unión: A raíz da Revolución de Veludo, o recentemente elixido presidente Vaclav Havel anunciou que a palabra "socialista", que fora parte do nome oficial de Checoslovaquia desde 1960, debía ser eliminada do nome e substituída por "federal".
 
Aínda que o nome obvio que debía adoptarse presumía ser o de antes de 1960, ''Československá republika'' (''República Checoslovaca''), os políticos eslovacos obxetaron que o nome tradicional subsumía demasiado a Eslovaquia. O primeiro compromiso foi a Lei Orgánica 81/1990, que recoñeceu a natureza do estado de forma explícita como ''Československá federativní republika'' (República Federal Checoslovaca) en checo e foi aprobada o [[29 de marzo]] de [[1990]] (entrando en vigor o mesmo día) só logo de acordar que a forma eslovaca para ''Česko-slovenská federatívna republika'' debería ser codificada de forma explícita por unha futura lei sobre os símbolos estatais. Isto foi recibido con desaprobación xeral; o compromiso resultante logo das negociacións foi ''Česká a Slovenská Federativní/Federatívna Republika'' (''República Federal Checa e Eslovaca'') (Lei Constitucional 101/1990, aprobada o 20 de abril e en vigor desde a súa declaración o 23 de abril, a diferenza da anterior, tamén explicitamente na lista tanto en checo e a versión eslovaca e afirmou que son iguais).
 
==== Disolución ====
{{AP|Disolución de Checoslovaquia}}
 
A cuestión nacional, con todo, non atopou acomodo baixo a nova arquitectura da República Federal Checa e Eslovaca, na que se pretendeu dar carta de natureza á nacionalidade eslovaca en pé de igualdade coa checa. As reivindicacións autonomistas pronto deixaron paso, ao longo dos anos 1990 e 1991, ás propostas independentistas. De calquera modo, o proceso de disgregación da República transcorreu por camiños difíciles, pero sempre pola vía da negociación e o diálogo. De feito, o propio Havel declaraba nunha entrevista para [[Radio Viena]] o [[16 de abril]] de [[1991]] que ''se o pobo eslovaco quere vivir nun Estado independente, nin os checos nin eu negarémoslles o dereito a facelo''.
 
Na primavera deste último ano, esta cuestión estivo no centro da crise do Goberno eslovaco e do propio [[Movemento Público Contra a Violencia]], que se escindiría nun grupo liderado por [[Vladimir Meciar]], fundando a plataforma chamada [[Movemento para unha Eslovaquia Democrática]] (HZDS). Esta forza política accedeu ao goberno eslovaco nas eleccións de xuño de 1992 e iniciou negociacións co goberno checo para a partición da República Federal. Václav Havel dimitiu do seu posto en xullo e a partición foi aprobada pola Asemblea Federal o 25 de novembro de 1992. O 1 de xaneiro de 1993 [[Disolución de Checoslovaquia|Checoslovaquia foi disolta]] pacificamente polo Parlamento, formando dous países completamente independentes: a [[República Checa]] e a [[Eslovaquia|República Eslovaca]].
 
 
En [[1993]] tivo lugar a [[Revolución de Veludo]], que supuxo a división amistosa entre a [[República Checa]] e [[Eslovaquia]]. Ambos os dous países entraron na [[Unión Europea]] en [[2004]].
 
<gallery>