Karnak: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Sernostri (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
==Edificacións==
 
===Recinto de Amón-ReRa===
É o meirande dos recintos do complexo, dedicado a [[Amón-Re]], a principal deidade da tríade tebana. Situado entre os outros dous templos é o único aberto ao público, presenta varias estatuas colosais, entre elas a de [[Pinedjem&nbsp;I]] de 10,5 metros de altura. Tamén ten un dos meirandes obeliscos, de 29 metros de altura e 328 toneladas<ref>Walker, Charles, 1980 "Wonders of the Ancient World" pp24–7</ref><ref>"The Seventy Wonders of the Ancient World", editado por Chris Scarre (1999) Thames & Hudson, London</ref> pero a parte máis célebre é a sala hipóstila, composta de 134 columnas papiriformes, decoradas con baixo relevos, que sostiñan unha cuberta alintelada.
 
===Recinto de Mut===
Localízase ao sur do Recinto de Amón-Ra, e está dedicado á deusa nai [[Mut]], identificada como a muller de Amón-Ra na tríade tebana da XVIII dinastía. Asociado ao recinto existen unha serie de pequenos templos e conta co seu propio lago sagrado, en forma de media lúa. As súas pedras utilizáronse para construír outras estruturas, tamén se atoparon centos de ídolos e estatuas derrubadas no centro do recinto.