Also sprach Zarathustra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 21:
 
Na cuarta parte a acción faise máis complexa e máis novelesca no sentido clásico do termo. O autor comeza narrando como o protagonista se queda nas montañas desfrutando da soidade e do tempo de moitos meses e anos que fan del un ancián cuxos cabelos tornan brancos.A [[felicidade]] de Zaratrusta expresada ao final da terceira parte pode conducir a pensar que dese modo e nese momento remataría a obra, con todo, o autor non parece satisfeito e segue narrando o que pasa dentro do protagonista despois dese momento que non parece movelo máis alá do anhelo de regresar outra vez xunto aos homes, pero si a necesidade de falar de si mesmo e da súa doutrina. Zaratrusta está cheo de felicidade e quere servir de atractivo para que sexan os homes quen veñan xunto del e non ao revés, como fora ata agora. Sobe entón a unha montaña a realizar a ofrenda do mel e ao día seguinte encóntrase co adiviño e escoita o grito de socorro do home superior , a cuxo encontro se pon en camiño en contra da opinión do propio adiviño. Na marcha de cara o lugar de onde procede o grito atópase con diferentes homes aos que invita a que o vaian visitar durante a noite na cova. En primerio lugar encóntrase cun CORTEJO no que viaxan os dous reis que queren velo, pois non se deixaron influenciar polo pobo e buscaban tamén a ese ser que é mellor que eles; logo ao concienzudo do espiríto que manifesta que se sente seguidor de Zaratrusta; logo ao [[mago]] a quen invita a súa cova; ao xubilado, un acián que busca ao verdadeiro Zaratrusta; ao último Papa, que non ten nada que facer despois de que Deus morrese e busca ao Zaratrusta máis piadoso de todos os ateos; ao máis feo dos homes que matou a Deus e lle agradece a Deus o seu desprezo pola compaixón; ao mendigo voluntario que deixou as súas riquezas para servir aos pobres e para quen Zaratrusta é o único home que admira; a súa propia sombra na que recoñece a eliminación dos seus valores periclitados, pero tamén a desorientación a que pode levalo o exceso de autonomía. No camiño de regreso escoita o grito que sae da súa cova e ve a todos os que encontrou pola mañá en dirección ao lugar do cal procede o grito e saludanse. Dentro todos xuntos, incluidos os animais e un asno, celebran a cea. Nela mediante vinte discursos, fálalles aos seus comensais sobre a realidade do home superior e termina aconsellándolles que se superen aínda máis. É a última celebración con todos os homes superiores antes de abandoar por terceira vez as montañas. Zaratrusta sae da súa cova. O mago cantan a canción da melancolía; atopándose Zaratrusta fóra, os invitados falan da [[ciencia]] para ramatar por enfrontarse a el e rirse del unha vez que regresou e se atopara con eles dentro. O viaxeiro, a sombra de Zaratrusta, pídelle que se quede e ponse a tocar ca arpa a canción entre fillas do deserto, a festa segue co [[espertar]]. Logo ocorre o inesperado: despois do ambiente de festa sae da cova, atopándose a volta con que todos os convidados están adorando ao asno e en plena noite decide expulsalos do lugar. Entón, acompañado da lira, recita a canción do noctámbulo, na que glorifica a ley do eterno retorno do idéntico. Pola mañá espera a chegada do gran melodía coa felicidade e a esperanza de atopar aos compañeiros adecuados. Coa narración do capítulo sobre [[o sinal]] Zaratrusta abandoa a cova.
 
==Tempo e espacio da obra==
No prólogo nárrase que Zaratrusta estivo dez anos na soidade das montañas levando unha vida de ermitán. Cando volve cos homes só pasa con eles un día, pois ao mediodía do seguinte desaparece para volvera súa cova.
 
Na primeira parte da obra apenas se fan referencias ao transcurso do tempo, que se detén a favor da actividade sen determinación temporal do discurso. Na segunda parte sábese que volveu as montañas; despois regresa e segue coa súa vida como mestre orador entre os homes das Illas Afortunadas. E ao final desta parte narra cinco días nos que estivo na Illa de Fogo
 
 
Liña 37 ⟶ 32:
 
En resumo, a estrutura da obra xira entorno a Zaratrusta e é el quen determina que esta se desenrole nunha dirección determinada. É profesor, mestre de unha doutrina e a súa acción móvese co obxectivo de comunicala aos humanos.
 
==Os animais==
Despois de que Zaratrusta na novena parte do prólogo da obra lle fálase ao seu corazón sobre o estado no que se atopa tras o seu fracaso como maestro, advirtindo que para a obra non serve calquera persoa, se non seres, compañeiros que sexan capaces de colaborar na súa actividade máis alá do ben e do mal. No final do prólogo aparecen dous animais, un águila e unha serpente; son animais perigosos aos que Zaratrusta califica: a aguia como o máis altivo e a serpe como o máis intelixente que existe baixo o sol. Ambos queren saber se Zaratrusta todavía vive.
 
A partir deste momento, os animais entran na acción da obra como se fosen dous personaxes que desempeñan unha función nela. A relación do protagonista cos animais consiste en que estarán con el na cova e preocuparanse do seu estado anímico e corporal.