Diferenzas entre revisións de «Batallón Literario»

sen resumo de edición
(lig int)
Esta bandeira aínda se conserva na biblioteca da universidade. Leva as cores azul e branca da [[bandeira de Galicia|Bandeira de Galiza]], e dous escudos: o do antigo [[Reino de Galiza]], e o escudo de armas da Universidade, ambos cubertos por unha coroa real, ademais da seguinte inscrición:
 
{{Cita|'''AUSPICE DEO: PRO LIBERTATI REGIS'''
'''PALLADIS LEGIO: ANNO MDCCCVIII.'''}}
 
Os soldados portaban ademais unha cinta, cun breve poema, que aludía á unión entre a cultura e o mundo militar en aras da defensa nacional: ''"Por rescatar a Fernando (el Rey Fernando VII) y acabar con Bonaparte unióse Minerva a Marte"''.
 
Na [[praza da Quintana]] da cidade compostelá, chamada tamén praza dos literarios, unha placa lembra a xesta co seguinte texto:
[[File:Almanaque Gallego, 1898, p. 32, Lápida en honor del Batallón Literario de 1808.jpg|miniatura]]
 
{{Cita|'''A LOS HÉROES'''
'''DEL BATALLÓN LITERARIO'''
'''DE 1808.''''
'''LOS ESCOLARES COMPOSTELANOS DE 1896'''
'''Y LOS AYUNTAMIENTOS DE 1822, 1865 Y 1896'''}}
 
O Batallón Literario xa se constituíra previamente en 1663 ante os ataques portugueses á vila de [[Monterrei]], trala sublevación de [[Portugal]] en 1640. Volveuse formar en 1665 e, posteriormente, en 1846, durante o [[Levantamento de Solís]] ou Revolución de 1846, aínda que a xesta máis recordada é a ocorrida en 1808.
183.749

edicións