Taboada, Silleda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
engado info
→‎Historia: engado info
Liña 15:
==Historia==
A historia da parroquia xira ó redor da [[Ponte Taboada|ponte]] que comunicaba Deza con Trasdeza ou indo máis alá, Castela con Santiago, no camiño da maragatería. A primeira era de táboas (Pons Tabulata), de aí o seu nome, e a segunda, de pedra, medieval, aínda segue erguida cunha inscrición nunha rocha próxima na que figura o ano da construción ([[912]]).
 
Augas abaixo, atópase a ponte da antiga estrada a Compostela, levantada en [[1862]], que deixou se ser tan transitada na década de [[1970]], ao reformarse o trazado da [[N-525]] e construírse un novo viaduto.
 
Preto desa ponte, está localizada a estación de ferrocarril, á que se accede desde a outra beira do [[río Deza]] grazas a outro viaduto, dende o cal se precipitaron os últimos vagóns dun convoi e foron parar ao río, cargados con conservas e ferramentas agrícolas. Na actualidade, aínda se poden ver os restos dos vagóns no leito do Deza.
 
Por Taboada pasa a Vía da Prata, que transcorre polo Camiño Real.