Anno Domini: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 14:
No continente europeo, o Anno Domini foi introducido como a era elixida no [[Renacemento carolinxio]] por [[Alcuino]]. O seu respaldo polo emperador [[Carlomagno]] e os seus sucesores popularizou o seu uso e difundiuse por todo o [[Imperio Carolinxio]]. Segundo a [[Enciclopedia Católica]], os [[Papa|papas]] continuaron fechando os documentos de acordo cos anos do seu reinado durante algún tempo, pero o uso de ''AD'' aos poucos fíxose cada vez máis común nos países [[Católico|católicos]] dos [[século XI|séculos XI]] ao [[século XIV|XIV]]. Os países [[Cristianismo ortodoxo|ortodoxos]] só empezaron a adoptar o ''AD'' en lugar do [[calendario bizantino]] en [[1700]], cando [[Rusia]] fíxoo, mentres que outros o adoptaron nos séculos XIX e XX.
 
Malia que o uso de ''Anno Domini'' estaba xeneralizado durante o século IX, o ''antes de Cristo'' (ou o seu equivalente) non foi común ata moito máis tarde. Beda utilizou a expresión "''anno igitur ante incarnationem Dominicam''" ("antes da Encarnación do Señor") dúas veces. Un "''Anno an xpi nativitate''" (no ano antes do nacemento de Cristo) atópase en [[1474]] nunha obra dun monxe alemán.<ref>[[Werner Rolevinck]] in ''[http://www.cervantesvirtual.com/servlet/SirveObras/80248064097793506388868/index.htm Fasciculus temporum]'' (1474) usaba ''Anno an xpi nativitatem'' (no ano antes do nacemento de Cristo) para todos os anos entre a creación e [[Xesucristo]]. "xpi" é o [[idioma grego|grego]] χρι en escritura latina, unha abreviatura críptica para ''Cristo''. Esta frase aparece ao revés no centro do [[recto]] dos folios (páxinas da dereita). O papa [[SixtoSisto IV, papa|SixtoSisto IV]] adoitaba utilizar polo xeral ''Anno christi'' ou a súa forma críptica ''Anno xpi'' (no [[verso]] dos folios da esquerda). Utilizaba tamén ''Anno mundi''xunto con todos estes términos para todos os anos</ref>
 
En [[1627]], o teólogo [[Sociedade de Xesús|xesuita]] francés [[Denis Pétau]] (Dionysius Petavius en latín), coa súa obra ''De doutrina temporum'', popularizou o uso ''ante Christum'' (latín para "antes de Cristo") para marcar os anos anteriores a ''AD''.