Also sprach Zarathustra: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 20:
Xa na viaxe, en barco desde as illas, conta a quen desexa escoitalo o contido do seu soño. Alí chama dunha maneira especial a identificación do personaxe coas esperiencias e vivencias que está tendo a medida que a súa vida evoluciona. Deste modo, ten a oportunidade de seguir reflexionando sobre as ideas dos tres males:o [[egoísmo]], a [[ambición de poder]] e a [[voluptuosidade]]. A partir do soño coa serpe a cal lle arrinca a cabeza, comeza a sentir que vai sandar o mal do fastío que sempre o acampañou. Zaratrusta volve actuar como poeta que canta poemas nos que expresa a felicidade que lle proporciona o estado en que se sente, son unha loanza ao concepto de eterno retorno do idéntico.
 
Na cuarta parte a acción faise máis complexa e máis novelesca no sentido clásico do termo. O autor comeza narrando como o protagonista se queda nas montañas desfrutando da soidade e do tempo de moitos meses e anos que fan del un ancián cuxos cabelos tornan brancos.A [[felicidade]] de Zaratrusta expresada ao final da terceira parte pode conducir a pensar que dese modo e nese momento remataría a obra, con todo, o autor non parece satisfeito e segue narrando o que pasa dentro do protagonista despois dese momento que non parece movelo máis alá do anhelo de regresar outra vez xunto aos homes, pero si a necesidade de falar de si mesmo e da súa doutrina. Zaratrusta está cheo de felicidade e quere servir de atractivo para que sexan os homes quen veñan xunto del e non ao revés, como fora ata agora. Sobe entón a unha montaña a realizar a ofrenda do mel e ao día seguinte encóntrase co adiviño e escoita o grito de socorro do home superior , a cuxo encontro se pon en camiño en contra da opinión do propio adiviño. Na marcha de cara o lugar de onde procede o grito atópase con diferentes homes aos que invita a que o vaian visitar durante a noite na cova. En primerio lugar encóntrase cun CORTEJO no que viaxan os dous reis que queren velo, pois non se deixaron influenciar polo pobo e buscaban tamén a ese ser que é mellor que eles; logo ao concienzudo do espiríto que manifesta que se sente seguidor de Zaratrusta; logo ao [[mago]] a quen invita a súa cova; ao xubilado, un acián que busca ao verdadeiro Zaratrusta; ao último Papa, que non ten nada que facer despois de que Deus morrese e busca ao Zaratrusta máis piadoso de todos os ateos; ao máis feo dos homes que matou a Deus e lle agradece a Deus o seu desprezo pola compaixón; ao mendigo voluntario que deixou as súas riquezas para servir aos pobres e para quen Zaratrusta é o único home que admira; a súa propia sombra na que recoñece a eliminación dos seus valores periclitados, pero tamén a desorientación a que pode levalo o exceso de autonomía. No camiño de regreso escoita o grito que sae da súa cova e ve a todos os que encontrou pola mañá en dirección ao lugar do cal procede o grito e saludanse. Dentro todos xuntos, incluidos os animais e un asno, celebran a cea. Nela mediante vinte discursos, fálalles aos seus comensais sobre a realidade do [[home superior]] e termina aconsellándolles que se superen aínda máis. É a última celebración con todos os homes superiores antes de abandoar por terceira vez as montañas. Zaratrusta sae da súa cova. O mago cantan a canción da melancolía; atopándose Zaratrusta fóra, os invitados falan da [[ciencia]] para ramatar por enfrontarse a el e rirse del unha vez que regresou e se atopara con eles dentro. O viaxeiro, a sombra de Zaratrusta, pídelle que se quede e ponse a tocar ca arpa a canción entre fillas do deserto, a festa segue co [[espertar]]. Logo ocorre o inesperado: despois do ambiente de festa sae da cova, atopándose a volta con que todos os convidados están adorando ao asno e en plena noite decide expulsalos do lugar. Entón, acompañado da lira, recita a [[canción do noctámbulo]], na que glorifica a ley do eterno retorno do idéntico. Pola mañá espera a chegada do gran melodía coa felicidade e a esperanza de atopar aos compañeiros adecuados. Coa narración do capítulo sobre [[o sinal]] Zaratrusta abandoa a cova.
 
==EspacioTempo e espacio da obra==
No prólogo nárrase que Zaratrusta estivo dez anos na soidade das montañas levando unha vida de ermitán. Cando volve cos homes só pasa con eles un día, pois ao mediodía do seguinte desaparece para volvera súa cova.
Na primeira parte apenas se fai referencia ao transcurso do tempo. Na segunda parte sábese que volveu das montañas
 
Na primeira parte da obra apenas se fan referencias ao transcurso do tempo, que se detén a favor da actividade sen determinación temporal do discurso. Na segunda parte sábese que volveu as montañas; despois regresa e segue coa súa vida como mestre orador entre os homes das Illas Afortunadas. E ao final desta parte narra cinco días nos que estivo na Illa de Fogo
 
 
Liña 32 ⟶ 34:
 
Así falou Zaratrusta é unha obra de fición aínda que nela haxa personaxes e acontecementos protagonizados por personaxes reais. Neste sentido pode dicirse que Zaratrusta é un personaxe de fición e a narración que se fai da súa vida é tamén fición. Tamén podemos pensar que se trata da figura de Xesús de Nazaret adaptada á nova doutrina. É tamén se pode pensar que sexa o profeta persa, a realidade é que o lecor atópase cunha forma de enmascaramenteo detrás da cal se esconde o autor da obra e que Zaratrusta é sen mais unha forma de expresión literaria de Nietzsche e , en consecuencia, a expresión ficticia referencial desta persoa.
Hai un personaxe real que é a referencia do contido fundamental da obra que constitúe a doutrina do protagonista. Se así fora, detrás de Zaratrusta pódese identificar tanto ao autor como a persoa da historia que otorga o fundamento filosófico da obra. Trataríase dun filósofo da antigüidade grega, cuxo pensamento Nietzsche coñece ben a consecuencia da súa actividade inicial como investigador.
 
 
En resumo, a estrutura da obra xira entorno a Zaratrusta e é el quen determina que esta se desenrole nunha dirección determinada. É profesor, mestre de unha doutrina e a súa acción móvese co obxectivo de comunicala aos humanos.