Pío XII, papa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Simplificando redireccións cara a Estados Unidos de América
Sen resumo de edición
Liña 1:
{{FormatoWiki}}
{{PapS-XX}}
'''Pío XII''' (en [[latín]], Pius PP. XII), nado '''Eugenio Maria Giuseppe Giovanni Pacelli''' en [[Roma]], [[Italia]] o 2 de marzo de 1876 e finado en Castelgandolfo, [[Italia]] o 9 de outubro de 1958, foi o 260º Papa da [[Igrexa Católica Romana|Igrexa Católica]] e soberano do Estado da [[Cidade do Vaticano]] entre o 2 de marzo de 1939 e a súa morte. Foi declarado ''Venerable'' o 19 de decembro de 2009 por [[Bieito XVI]].
 
Liña 36 ⟶ 35:
 
== Papa ==
{{PapS-XX}}
Á morte de [[Pío XI]], a xestión da sede vacante correspondeu a Pacelli pola súa condición de camarlengo, cargo que o convertía ademais en candidato favorito. O [[conclave]] durou apenas dous días, e á terceira votación, o 2 de marzo de 1939, Pacelli resultou elixido Papa, sendo o primeiro que carecía de calquera experiencia pastoral, fose en parroquias ou en dióceses, dado que desenvolvera toda a súa carreira na administración vaticana. Tal vez isto explique a orientación eminentemente política do seu pontificado, moi condicionado por acontecementos históricos tan decisivos como a [[Segunda Guerra Mundial]] e a posterior [[Guerra Fría]]. Algúns historiadores criticaron o silencio do Papa diante do [[holocausto]], acusándoo de [[antisemitismo]]; tamén as súas actitudes anticomunistas o levaron a lexitimar a [[ditadura]] de [[Franco]] en [[España]] coa asinatura do concordato de 1953, a cambio de importantes privilexios e vantaxes para a Igrexa, e a condenar as ideoloxías [[Marxismo|marxistas]] e [[Comunismo|comunistas]], ameazando coa excomuñón a todos os católicos que as apoiasen.