Mariña de Augas Santas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Jglamela (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 6:
A súa vida mistura [[lenda]] e feitos que poderían ser reais. Segundo a tradición, naceu en Balcagia (actual [[Baiona]]) cara ao [[119]], sendo filla de [[Lucio Castelio Severo]] (gobernador [[imperio romano|romano]] da [[Gallaecia]] e [[Lusitania (provincia)|Lusitania]]) e da súa esposa Calsia. Esta tivo nove fillas nun só parto mentres o seu marido estaba fóra en campaña; temerosa de ser acusada de [[infidelidade]] (pensábase que os nacementos múltiples eran debidos á [[luxuria|concupiscencia]] da [[muller]]), quixo desfacerse das nenas e deullas á súa criada Sila para que as afogase no [[río Miñor]].
 
Sila, que era cristiá, non as quixo matar e as deixou en casas de familias cristiás amigas, sendo [[bautizobautismo|bautizadas]] polo bispo [[Ovidio de Braga]], e creceron como cristiás nunha época en que esta relixión aínda era perseguida.
 
De grandes foron acusadas diante do seu pai. Cando Severo se decatou de que eran as súas fillas, convidounas a abxurar do cristianismo e levar unha vida regalada con el. Ao ser negaren foron feitas presas. Fuxiron cada unha a un lugar, morrendo todas como [[mártir]]es (entre elas tamén [[Quiteria]] e [[Liberata]]). Mariña foi decapitada o [[18 de xaneiro]] de [[139]] en [[Augas Santas, Allariz|Augas Santas]] ([[Allariz]]). No lugar da súa morte abrollaron tres fontes en cada lugar onde golpeou a súa cabeza ao ser decapitada.