Castro de Altamira, Taboexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Corrixo a localización e retiro o modelo "en uso" (aínda que hei de seguir con isto)
Pequeno erro cronolóxico
Liña 7:
| comuautónoma = Galiza
| dataocupación = en estudo
| datadescuberta = 1923[[1924]]
| dataescavación = [[1929]], [[19791976]]
| estadoactual = en mal estado de conservación
| extensión =
Liña 14:
O Castro de Altamira (tamén chamado habitualmente "Castro de Taboexa") é un [[Castro (poboado)|asentamento castrexo]] situado xunto ó lugar de [[Altamira, Taboexa, As Neves|Altamira]], parroquia de [[Taboexa]], no [[As Neves|concello das Neves]].
 
O [[Castro (poboado)|castro]] non ten un tamaño excesivamente grande e está moi alterado por canteiras e destruccións recentes relacionadas co uso forestal. Sen embargo, os restos mobles aparecidos no mesmo teñen unha especial relevancia. As primeiras intervencións arqueolóxicas realízanse nos anos 20 do século pasado, aparecendo xa unha grande cantidade de elementos metálicos. Posteriormente téñense realizado diversas intervencións científicas de escaso calado, ó mesmo tempo que aparecían achados casuais e se producían expolios intencionados. A intervención arqueolóxica máis importante e mellor documentada é a realizada en 19791976 por [[Alfredo García Alén]] e P. Acuña Fernández. Dende entón teñen aparecido outros restos, moitos deles en superficie.
 
O máis importante entre os achados mobles do castro é a colección de obxectos metálicos en bronce depositados e expostos nas vitrinas do [[Museo de Pontevedra]]: unha figuriña de [[Mercurio (deus)|Mercurio]], varias figuras togadas, un pé, unha [[lucerna]], un fragmento de sítula... A cantidade e calidade dos restos fan pensar ós investigadores na existencia dun taller de fundición de bastante importancia.