Marco Vitruvio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Sen resumo de edición
Liña 7:
Foi autor dun célebre tratado de arquitectura, ''De Architectura'' (''Sobre a Arquitectura'', ás veces citado como ''Os dez libros da arquitectura''), probablemente escrito na etapa final da súa vida, que dedica ao emperador [[Augusto]]. Este libro é presentado como unha enciclopedia das técnicas da Antigüidade romana, no que fai a loa, para o seu egrexio destinatario, da función de ''architectus'', intermediario entre o arquitecto grego e o enxeñeiro militar romano; louvanza moi necesaria, porque parece que en Roma, ese oficio non estaba máis considerado que o dun simple artesán. Ora ben, segundo Vitruvio, a arquitectura é ''ciencia que se adquire pola práctica e a teoría''. O Arquitecto debe posuír numerosos coñecementos de xeometría, deseño, historia, matemáticas e óptica.
 
É o único escrito de arquitectura que nos chegou da Antigüidade, e os arquitectos do Renacemento como os italianos [[Sebastián Serlio]] e [[Andrea Palladio|Palladio]] inspiraranse nel de abondo; mesmo usouse ata nos períodos clasicistas e barroco, cando [[Claude Perrault]] (1613-1688) comeza a reducir o asunto á interpretación dos seus principios.
 
A Idade Media descoñece a Vitruvio a pesar da existencia de varios manuscritos da súa obra. Débese ao erudito [[Leon Battista Alberti]] a recuperación da importancia de ''De Architectura'', na década de 1420. Para fixar o texto da primeira edición impresa(Roma, 1486, impr. G. Herolt, 2 volumes in-folio), [[Sulpizio da Veroli]] veuse obrigado a escolmar varios manuscritos xa que ningún contiña o texto completo, aínda que manexou especialmente o manuscrito do [[Escorial]] (datado no século XI). A primeira versión en castelán realizouna [[Miguel de Urrea]], aparecendo en Alcalá de Henares en 1582.