Plástico: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Eliminouse a referencia ó ficheiro "Plastiktueten.jpg" que foi borrado en Commons por INeverCry. Motivo: Per commons:Commons:Deletion requests/File:Plastiktueten.jpg
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 115:
 
===Polihidroxialcanoatos===
Os PHAs son producidos xeralmente por bacterias Gram negativas, aínda que existen bacterias Gram positivas tamén produtoras en menor escala. O primeiro PHA descuberto foi o PHB, que foi descrito no instituto Pasteur en 1925 polo microbiólogo Lemoigne quen observou a produción de PHB por ''[[Bacillus megaterium]]''. Posteriormente, en 1958 Macrae e Wildinson observaron que ''Bacillus megaterium'' acumulaba o polímero cando a relación glicosa/nitróxeno no [[medio de cultivo]] non se atopaba en equilibrio e observaron a súa degradación cando existía falta ou deficiencia de fontes de carbono ou enerxía. A partir deste feito, atopáronse inclusións de PHA nunha extensa variedade de especies bacterianas. Na actualidade coñécense aproximadamente 150 diferentes polihidroxialcanoatos.
 
A primeira patente de PHB foi pedida nos Estados Unidos por J. N. Baptist en 1962. En 1983 ocorreron dous acontecementos importantes, primeiro foi o descubrimento por De Smet, dunha cepa de Pseudomonas oleovorans (ATCC 29347) produtora de PHB, e consecutivamente deuse a primeira produción do primeiro biopoliéster de uso comercial. Un copolímero formado por monómeros de catro e cinco carbonos, denominados PHB e PHV, respectivamente, este produto denominouse comercialmente Biopol e prodúcese utilizando Ralstonia eutropha, a partir de [[glicosa]] e [[ácido propiónico]]. Este bioplástico na actualidade xa é sintetizado a partir dunha soa fonte de carbono en bacterias recombinantes; e exhibe un alto potencial de biodegradabilidade e propiedades termomecánicas mellores que o PHB puro.