Juan de la Cierva Codorníu: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 16:
En [[1920]] construíu en [[Madrid]], o seu primeiro autoxiro, o ''Cierva C.1'', empregando fuselaxe, rodas e estabilizador vertical dun monoplano francés [[Deperdussin]] de 1911, sobre o que montou dous rotores de catro pas, contrarrotatorios, coroados por unha superficie vertical destinada a proporcionar control lateral; a planta motriz era unha moto [[Le Rhône]] de 60 hp. O aparato non chegou a voar, pois o rotor inferior xiraba a menos velocidade da prevista, e o efecto xiroscópico e a asimetría da sustentación, fixeron envorcar ao aparello. A este primeiro autoxiro seguiron dúas construcións tamén fracasados, o ''C.2'' e o ''C.3'', nas que o inventor intentou, infrutuosamente, resolver o problema da diferenza de sustentación entre a pa que avanza e a que retrocede. Mais, nas probas do ''C.2'' conseguíronse algúns saltos do aparato duns metros, o que indicaba a viabilidade do invento. A asimetría da sustentación do rotor non se resolvía plenamente até o prototipo ''C.4'', no que la Cierva incluíu a súa revolucionaria idea de manipular as pas do rotor na súa raíz.
 
Os primeiros ensaios do modelo C.4, construído en [[1922]], conforme aos novos principios, foron infrutuosos. Para a súa definitiva resolución, realizou unha completa serie de ensaios no túnel de vento do circuíto cerrado do aeródromo de Catro Ventos (obra de Emilio Herrera), naquela, o mellor de [[Europa]]. O novo aparato corrixido probouse con éxito en xaneiro de [[1923]], no aeródromo de XetafeGetafe, pilotado polo [[tenente]] [[Alejandro Gómez Spencer]]. Aínda que dito voo consistira só nun salto de 180 metros, demostrou a validez do concepto; a finais do mes, o ''C.4'' recorreu en catro minutos un circuíto fechado de catro quilómetros no aeródromo de Catro Ventos, cerca de Madrid, a unha altura duns 30 metros. A planta motriz do ''C.4'' era un motor Le Rhône 9Ja de 110 hp. No xullo de 1923, empregouse o mesmo motor nun ''C.5'', que voou en XetafeGetafe; a partir dese momento, de la Cierva, que financiara os seus anteriores experimentos, traballou cunha subvención do goberno español.
 
Faleceu o [[9 de decembro]] de [[1936]], con 41 anos de idade, ao estrelarse no despegue, no aeroporto de Croydon, o Douglas [[DC-2]] de KLM en voo regular Londres-Amsterdam.
Liña 47:
==Homenaxes==
[[Ficheiro:Monumento_juan_de_la_cierva-Murcia.JPG|dereita|miniatura|200px|Monumento na honra de Juan de la Cierva en Murcia.]]
Na cidade de [[XetafeGetafe]] ([[Comunidade de Madrid]]), existe o [[Barrio de Juan de la Cierva]], chamado así por el. En [[2003]] inaugurouse nese barrio a Estación de Juan de la Cierva da Liña 12 do [[Metro de Madrid]], na que se atopan motivos ornamentais na lembranza deste inventor.<ref name=Metro>[http://www.madrid.org/metrosur/99_03/msur/getafe/juan_dl_cierva/juan_de_la_cierva.htm "Consellería de Transportes e Estruturas da Comunidade de Madrid, estación de metro Juan de la Cierva"] Páxina con información acerca da estación de metro Juan de la Cierva achada en XetafeGetafe.</ref>
 
Existe un monumento na súa honra en [[Murcia]], a súa cidade natal.