Plasencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "es:Plasencia" é un artigo bo
arranxiños
Liña 4:
[[Ficheiro:Ayuntamiento plasencia.JPG|miniatura|dereita|300px|Praza Maior de Plasencia, coa Casa do Concello ao fondo.]]
 
'''Plasencia''' é unha cidade e un concello [[Estremadura, - ExtremaduraEspaña|estremeño]], pertencente á [[provincia de Cáceres]]. Con 39.982 habitantes (2007) constitúe o segundo núcleo máis poboado da provincia e o cuarto da rexión tras as capitais provinciais, [[Cáceres]] e [[Badaxoz]], e a capital autonómica, [[Mérida, España|Mérida]]. É ademais sede episcopal, cun recoñecido casco monumental, que fai dela un destino turístico importante. Así mesmo, por ela pasa o [[Camiño de Santiago]], na Ruta ou [[Vía da Prata]].
 
== Xeografía ==
Liña 17:
Durante case os 250 anos seguintes foi cidade de reguengo, até que en [[1442]] o rei [[Xoán II de Castela]] a cedeu a [[Pedro de Zúñiga]], que foi nomeado [[conde de Plasencia]]. En 1446, o bispo [[Juan de Carvajal]] creou un Estudo de Humanidades. En [[1488]] tornou á Coroa, a petición do seu concello, descontento co señorío dos Zúñiga.
 
Plasencia contaba desde a súa fundación cunha xudería importante. A presenza de hebreos na localidade está testemuñada en varios artigos da súa carta foral. En 1474, segundo se desprende do Repartimento de cargas impostas ás alfamas xudeas de Castela, aínda que polo monto era superada por [[Béjar]], [[Trujillo, Cáceres|Trujillo]] ou [[Guadalaxara - Guadalajara, España|GuadalajaraGuadalaxara]], Plasencia con 5.000 morabedís de carga, superaba a [[Salamanca]], [[Sevilla]], [[León, España|León]] ou [[Burgos]], e a moitas outras cidades. Compre lembrar que a contribución de PLasencia era conxuntamente con [[Galisteo]] e [[Aldeanueva del Camino]] (pero o mesmo acontecía noutros lugares (Béjar, p.ex., pagaba con [[Hervás]]). Dunha relación de xudeos placentinos feita a partir de datos recollidos en documentación dispersa, resulta que eran en boa medida xentes con oficios artesanais: tecedores, ferreiros, zapateiros, mesoneiros; había en total máis de 100 familias israelitas. En [[1492]], como sucedeu no resto de España, víronse obrigados a deixar a cidade, a causa da expulsión decretada polo [[Reis Católicos]], pasando para [[Portugal]]. A súa sinagoga, con casas e currais adxuntos, estaba sita na desaparecida igrexa de Santa Isabel (que así foi cristianizada, precisamente en honra da raíña católica); o predio pasou a ser propiedade do cabido catedralicio, que cobraba un censo perpetuo de 3.100 marabedís anuais por el. O seu cemiterio comprouno, en 400 reais, o daián Diego de Jerez<ref>Cfr. Fidel Fita, ''Informe: Monumentos hebreos'', in Boletín Real Acad. Historia, tomo L, 1907, páxs. 93-96; ver tamén do mesmo autor, ''Variedades: Epígrafes hebreos de Béjar y Salamanca'', op. cit., páx74</ref>.
 
Dez anos despois, a iniciativa do bispo [[Gutierrez Álvarez de Toledo]], comezaron as obras da Catedral Nova, nas que interviron diversos mestres: [[Juan de Álava]], [[Francisco de Colonia]], [[Gil de Siloé]] e [[Henrique Egas]]. Ao longo dos séculos seguintes, encargos diversos aumentaron o patrimonio artística da sé.
Liña 72:
 
== Comunicacións ==
Plasencia posúe boas comunicacións por estrada, pois ten enlace moi cercanopróximo cacoa [[A-66]] (Autovía da Prata), que une [[Cádiz]] e [[Xixón]] e que actualmente (2008) se acha en vías de terminación no tramo [[Béjar]]-[[Salamanca]]. Está igualmente próxima a un ramal da [[A-5]] (Autovía do Suroeste), que une [[Madrid]] con Badaxoz e se prolonga até [[Lisboa]].
 
Por ferrocarril a estación de Plasencia enlaza con Madrid, vía [[Talavera de la Reina]], e con [[Sevilla]], vía Mérida. Suprimido o tramo Plasencia-Salamanca, a cidade ficou sen unión con oco norte de España.
 
=== Notas ===
== Naturais ilustres ==
{{listaref}}
* [[Francisco Alonso Camargo]], descubridor.
* [[Miguel de Trejo Paniagua]], conquistador.
* [[Joaquín Churriguera]], arquitecto.
* [[José Antonio Gabriel y Galán]], escritor, poeta en extremeño.
* [[José García Mora]], filósofo.
 
== Véxase tamén ==
{{commons|Category:Plasencia}}
=== Outros artigos ===
* [[Diocese de Plasencia]].
* [[Vía da Prata]].
* [[Val do Jerte]].
 
=== Ligazóns externas ===
* [http://www.aytoplasencia.es/ Páxina oficial do Concello]
=== Notas ===
{{listaref}}
 
{{Concellos de Cáceres}}