Ángel Botello Barros: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xas (conversa | contribucións)
Nova páxina: "'''Ángel Botello Barros''', nado en Cangas o 20 de xuño de 1913 e finado en San Juan de Puerto Rico o 11 de novembro de 1986, foi un pintor galego. ==Tr..."
 
Xas (conversa | contribucións)
m lig int
Liña 4:
Fillo dun conserveiro andaluz instalado en [[Cangas]], que en [[1918]] trasladou a súa industria a [[Vigo]], onde pasou a vivir a familia. O seu pai morreu ese ano pola gripe. A nai, Bonifacia Barros, fíxose cargo da industria pero en 1926 a familia tivo que emigrar a [[Burdeos]]. Alí comezou en 1930 os estudios de pintura, modelado e debuxo na Escola de Belas Artes e participou nalgunhas exposicións colectivas. En [[1935]] ingresou na Real Academia de Bellas Artes de San Fernando grazas a unha beca concedida polo conde de Cartagena. Pasou breves períodos en Cangas e Vigo.
 
Coa [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] a súa competencia como debuxante fixo que se integrase na Unidade de Cartografía do Exército da República, que dependía do xeneral [[Enrique Líster]]. Cando rematou a guerra exiliouse en [[Francia]] coa súa nai e dúas irmás, e en 1940 conseguiu chegar á [[República Dominicana]]. Pasou despois a [[Cuba]], [[Haití]] e [[Estados Unidos]] ata a súa definitiva radicación en [[Porto Rico]]. En Haití viviu entre 1944 e 1953, alternando estancias ocasionais en Porto Rico como profesor de debuxo na escola de Edna Coll e New York. A súa vida alí resultou decisiva, pois coñeceu á súa muller Christiane Auguste, coa que casou en 1945. En [[1953]] marchou a [[San Juan de Puerto Rico]], onde abriu unha galería no hotel Caribe Hilton. Nove anos despois abriu unha segunda galería na parte vella de San Juan. En Porto Rico coincidiu con [[Eugenio Fernández Granell]] e [[Francisco Vázquez Díaz]], "Compostela". Afectado por un cancro de pulmón, no seu último ano de vida desenvolveu unha frenética actividade para deixarlle á súa familia o maior legado artístico.
 
==Véxase tamén==