Benás: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xosé (conversa | contribucións)
Benasque movida a Benás - Benasque: Conservar historial
 
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Benasque''' (en [[lingua aragonesa|benasqués]]: ''Benás'', en [[lingua catalá|catalán]]: ''Benasc'') é un municipio da provincia de [[Huesca]] ([[Aragón]]), situado no corazón dos [[Pireneos]] a 143 km da capital en dirección nordeste. Pertence ó partido xudicial de [[Boltaña]] e forma parte da comarca da [[La Ribagorza|Ribagorza]].
#REDIRECT [[Benás - Benasque]]
 
 
==Xeografía==
As súas coordenadas xeográficas son: 42º 37' N 0º 30' E.
 
Localizase a 1.140 metros sobre o nivel do mar, xunto ó [[río Ésera]]. É centro neurálxico do [[Val de Benás]], chamado tamén o "Val Escondido", e municipio destacado da comarca, onde sobresae polos seus valores paisaxísticos e naturalistas, dado que aquí se atopa o [[Parque Natural Posets-Maladeta]] e o [[pico Aneto]].
 
No seu termo municipal, que abarca 233,17 km², atópanse os belos pobos de [[Cerler-Sarllé]] e [[Anciles-Ansils]], o primeiro deles tamén famoso polas súas pistas de esquí.
 
A súa poboación é de 2.025 habitantes (2004) e o seu xentilicio: benasqués.
 
Filoloxicamente é coñecido por ser o lugar de encontro do [[Lingua catalá|catalán]] e do [[aragonés]] e falarse un dialecto de transición chamado [[patués]].
 
Tradicionalmente ten estado moi illada tanto de [[Francia]] como do resto de [[Aragón]] (incluso máis). Pensemos que antes da construción do congosto de ventamillo (en torno a 1916), chegar até [[Graus]] costaba un día de viaxe, que unicamente se podía facer andando ou sobre cabalerías. A viaxe a [[Bagnères de Luchón]] costaba (e segue a costar) máis de 10 horas.
 
==Historia==
 
Probablemente fundada polos [[Imperio Romano|romanos]], que construíron os primeiros baños de auga sulfurosa na súa actual situación, aínda que este feito non está documentado. A referencia documental máis antiga, o Rótulo de Benás, data de [[1006]] a [[1018]].
 
Dende o [[século XI]] pertenceu ó [[Condado de Ribagorza]], parte do [[Reino de Aragón]].
 
A poboación sufriu variacións na historia, alcanzando un máximo en 1870 (1.750 habitantes) e un mínimo en 1970 (574 habitantes). Xa no [[século XXI]] se volveu acadar un novo máximo.
 
 
==Personaxes importantes==
 
*D. [[Antonio Cornel Ferraz Doz e Ferraz]] (Benás, 1745 - [[Valencia - València|Valencia]], 1821). Militar e político. Foi Ministro da Guerra en [[1809]]. Construíu o edificio dos Baños de Benás. Amigo da [[Duquesa de Alba]].
*[[Valentín Ferraz e Barrau]] (Anciles, 1793 - [[O Escorial]], 1860). Militar e político. Loitou na [[Guerra da Independencia española|Guerra da Independencia]] e nas guerras coloniais en [[América]] e [[Filipinas]]. De ideoloxía liberal, foi deputado, senador, Ministro da Guerra por tres veces e alcalde de [[Madrid]].
 
==Sucesos relevantes==
En [[1660]] sufriu un forte terremoto. A zona pirenaica ten unha moderada actividade sísmica, polo que se producen con certa frecuencia pequenos tremores.
 
Nos anos [[1727]], [[1834]] e [[1925]] producíronse grandes avenidas do río Ésera que causaron numerosos danos, entre eles a destrución das pontes.
 
Situado nun alto ó norte do pobo, existía dende o [[século XIII]] un castelo que foi mandado demoler por Real Decreto en [[1858]].
 
Durante a [[Guerra Civil española]], un incendio destruíu boa parte da vila.
 
En [[1939]] o porto de Benás foi testemuña dunha dura travesía de [[Segunda República Española|republicanos]] que fuxían a Francia.
 
 
==Economía==
 
Aínda que a economía xirou tradicionalmente en torno á gandería e en menor medida á agricultura e silvicultura, nas últimas décadas estas actividades practicamente desapareceron, pasando a ser o turismo a actividade central.
 
No primeiro terzo do [[século XX]] estoupaba unha mina de [[pirita]]s máis arriba de Cerler. O seu produto baixábase nun teleférico de máis de 3 km de lonxitude, cuxos restos aínda hoxe se poden apreciar uns 500 metros antes da entrada de Benás.
 
A creación e expansión da estación de esquí de Cerler, así como o crecente turismo de montaña teñen impulsada a construción de numerosos hoteis, edificios de apartamentos, restaurantes, comercios e demais establecementos relacionados.
 
==Eventos==
 
Festas patronais en honor de [[San Marcial]] que se celebran o [[30 de xuño]]. Cerler celébraas o [[10 de agosto]] ([[San Lourenzo]]) e o [[29 de abril]] ([[San Pedro Mártir]]). Anciles faino o [[29 de xuño]] ([[Pedro, papa|San Pedro]]).
 
Desde [[1994]] vén funcionando en verán o ''Benasque Center for Science'', no que científicos de diferentes países teñen a oportunidade de traballar e intercambiar ideas nun entorno agradable.
 
Desde [[1981]] celébrase tódolos veráns o Torneo "Open Internacional de Xadrez Vila de Benás"
 
==Ligazóns externas==
*[http://www.cerler.es Web Benasque Cerler]
 
{{Concellos de Huesca}}
 
[[Categoría:Concellos de Huesca]]