Rogelio Caridad Pita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 1 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q607698
Xas (conversa | contribucións)
m + cat
Liña 1:
'''Rogelio Caridad Pita''', nado na ([[A Coruña|Coruña]], en [[1874]] ou [[1875]] -e finado en [[Ferrol]], o [[9 de novembro]] de [[1936]]), foi un militar [[Galiza|galego]], fusilado polos franquistas ao pouco de comezar a [[Guerra Civil española|Guerra Civil]] pola súa oposición á [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] na Coruña.
 
==Biografía==
Ingresou no exército aos 17 anos. De tendencias republicanas, foi considerado habitualmente tamén [[masonería|masón]], aínda que existen autores que o desminten desmenten<ref>[http://www.belt.es/bibliografia/HOME2_articulo.asp?id=535 Reseña do libro ''El ejército y la Masonería''], na que o seu autor, Manuel de Paz Sánchez, afirma que Caridad Pita, do mesmo xeito que outros militares habitualmente considerados masóns, carece de expediente ó efecto no [[Archivo General de la Guerra Civil Española]] de Salamanca</ref>. En [[1931]], ao proclamarse a [[Segunda República Española|República]], o Gobernador militar da Coruña ordenou ao entón coronel Caridad Pita, sacar as tropas á rúa. En troques, o coronel saíu só e en coche descuberto, a modo de acatamento da vontade popular. Tras ser sufocada a revolución de [[1934]] en [[Asturias]], foi enviado a [[Xixón]], caracterizándose por unha posición conciliadora.
 
En xullo de [[1936]], Caridad Pita estaba destinado na [[A Coruña|Coruña]], como gobernador militar e xefe da 15ª Brigada de Infantería, ás ordes do xeneral [[Enrique Salcedo]], xefe da VII División Orgánica, que fora nomeado polo goberno radical-cedista o [[7 de febreiro]], antes das eleccións.
 
Na tarde do venres 17 chegaron a Galicia noticias da [[sublevación do 18 de xullo de 1936|sublevación]] en [[Marrocos]]. Durante a fin de semana, houbo unha tensa espera. As autoridades militares da Coruña (o xeneral Salcedo, conservador pero leal á legalidade, e o xeral Caridad Pita) aseguráronlle ao gobernador civil, [[Francisco Pérez Carballo]], a súa lealdade á República, malia que o primeiro recibira na noite do 18 de xullo un telegrama de [[Gonzalo Queipo de Llano]] cominándolle a que se unise á sublevación e logo unha chamada telefónica, o día 19, do xeneral [[Emilio Mola]]. Con todo, durante a mañá do luns 20, oficiais sublevados detiveron aos xenerais Salcedo e Caridad Pita (cando este pretendía abortar a sublevación do Rexemento de Infantería de Zamora número 54, presentándose no seu cuarto de bandeiras, foi detido polo coronel Martín Alonso, ao mando do rexemento, o cal participara xa na ''[[sanjurjada]]'' de [[1932]] e fora reposto no mando durante o bienio radical-cedista).
 
Permaneceu dous días retido no cuarto de bandeiras do Rexemento de Zamora, sendo posteriormente trasladado ao [[castelo de San Diego]] da Coruña. Encausado por un [[Consello de Guerra]] (24 de outubro de 1936, en Ferrol), e acusado de traizón, Caridad Pita foi condenado a morte e fusilado, xunto co xeneral [[Enrique Salcedo]] o [[9 de novembro]] no [[castelo de San Felipe]], en Ferrol, entonandoentoando vivas a España e á República. Tras combater no exército republicano, os seus fillos Carlos, Francisco, [[José Caridad Mateo]], Rogelio e Vicente, foron ao exilio trala fin da Guerra<ref>[http://www.consellodacultura.org/mediateca/pubs.pdf/exilio.pdf Repertorio bibliográfico do exilio galego: Unha primeira achega], septiembre de 2001.</ref>.
 
==Notas==
<references/>
 
==LigazónsVéxase externastamén==
===Ligazóns externas===
*[http://www.laopinioncoruna.es/secciones/noticia.jsp?pNumEjemplar=2093&pIdSeccion=2&pIdNoticia=62897 Setenta anos da traxedia de 1936], artigo no xornal La Opinión de A Coruña.
*[http://www.cgt.es/descargas/SalaLectura/la-escuadra-la-mandan-los-cabos.pdf A escadra a mandan os cabos], capítulo "A traición na Coruña".
Liña 22 ⟶ 23:
[[Categoría:Asasinados polo bando nacional en Galicia]]
[[Categoría:Nados na Coruña]]
[[Categoría:Finados en 1936]]