Staphylococcus epidermidis: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Miguelferig (conversa | contribucións)
Liña 33:
A capacidade de formar [[biopelícula]]s en dispositivos plásticos é un factor de virulencia importante de ''S. epidermidis''. Unha causa probable é que as proteínas de superficie se unen ás proteínas da [[matriz extracelular]] e do [[sangue]].
''S. epidermidis'' produce un material [[polisacárido|polisacarídico]] extracelular chamado de adhesión intercelular polisacárida (PIA, ''polysaccharide intercellular adhesion''), que está feito de polisacáridos, e que permite que outras bacterias se adhiran á biopelícula xa existente, creando unha biopelícula de multicapas.
A actividade metabólica das bacterias que viven nestas biopelículas diminúe. Este metabolismo diminuído, en combinación concoa alteración da difusión de [[antibiótico]]s que alteran a difusión, faifan maís difícil que os antibióticos poidan eliminar efectivamente este tipo de infección.<ref name="Salyers" />
As cepas de ''S. epidermidis'' son a miúdo resistentes aos antibióticos, como á [[penicilina]], [[amoxicilina]], e [[meticilina]]. Os organismos resistentes atópanse con máis frecuencia no [[intestino]], pero os organismos que viven libremente na [[pel]] poden tamén converterse en resistentes debido a unha exposición de rotina a antibióticos segregados na [[suor]].