Diferenzas entre revisións de «Staphylococcus epidermidis»

''S. epidermidis'' é un microorganismo moi resistente, con células con forma de [[coco (bacteria)|coco]] non motís e [[Gram positiva]]s, que forman agrupacións con forma de acio. É unha das especies de cocos que forman parte da clase [[Bacilli]] (a cal contén [[bacilo]]s e cocos). Forma colonias brancas, elevadas, cohesivas de aproximadamente 1–2 milímetros de diámetro despois de deixalas incubando dun día para outro, e non é [[hemólise (microbioloxía)|hemolítico]] en [[ágar sangue]].<ref name="Salyers" /> O tamaño/diámetro normal da célula é de 0,5 a 1,5 [[micrómetro]]s. É un organismo [[catalase]] positivo,<ref name=Todar>{{cite web| url=http://textbookofbacteriology.net/staph.html | title=Todar's Online Textbook of Bacteriology: Staphylococcus aureus and Staphylococcal Disease | publisher=Kenneth Todar, PhD| accessdate=Dec 7, 2013}}</ref> e [[coagulase]] negativo, [[anaerobio facultativo]] que pode crecer utilizando a [[respiración aerobia]] ou a [[fermentación]]. Algunhas cepas poden non fermentar.<ref>{{cite web | url=http://www.ebi.ac.uk/2can/genomes/bacteria/Staphylococcus_epidermidis.html | title=Bacteria Genomes - STAPHYLOCOCCUS EPIDERMIDIS | publisher=EMBL-EBI. | work=Karyn's Genomes. | accessdate=December 23, 2011}}</ref>
 
As probas bioquímicas indican que este microorganismo tamén leva a cabo unha reacción debilmente positiva na [[proba da nitrato redutase]]. É positiva para a produción de [[urease]], é oxidase negativa, e pode utilizar [[glicosa]], [[sacarosa]], e [[lactosa]] para formar produtos ácidos. En presenza de lactosa, tamén producirá gas. ''S. epidermidis'' non posúe o [[encima]] [[xelatinase]], polo que non pode hidrolizar a xelatina. É sensible á [[novobiocina]], que pode utilizarse como un importante test para distinguila de ''[[Staphylococcus saprophyticus]]'', o cal é coagulase negativo tamén, pero resistente á novobiocina.<ref name="Levinson, W. 2010 94–99"/>
 
A parede celular de ''S. epidermidis'', igual que a de ''S. aureus'' ten unha proteína de unión á transferrina que a bacteria utiliza para obter ferro a partir de [[transferrina]]. Crese que os tetrámeros dunha proteína exposta na superficie chamada gliceraldehide-3-fosfato deshidroxenase se unen á transferrina e retíranlle o seu ferro. Os pasos seguintes son a transferencia do ferro a [[lipoproteína]]s de superficie, e despois a proteínas de transporte, que transportan o ferro ao interior da célula.<ref name="Salyers" />
190.202

edicións