Accidente de Chernóbil: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Xqbot (conversa | contribucións)
m Bot: "eo:Nuklea akcidento de Ĉernobilo" é un artigo bo; cambios estética
Beninho (conversa | contribucións)
m arranxiño
Liña 35:
As condicións para executar a proba establecéronse antes da quenda de día do [[25 de abril]]. Os traballadores da quenda recibiran instrucións por adiantado e estaban familiarizados cos procedementos establecidos. Un equipo especial de enxeñeiros eléctricos estivo presente para probar o novo sistema de regulación de voltaxe. Tal como estaba previsto, comezouse unha redución gradual da potencia da unidade á 1:06 do [[25 de abril]], e a potencia acadou o 50 % do seu nivel nominal de 3200 MW térmicos no comezo da quenda de día. Nese punto, outra estación de potencia rexional quedou fóra de liña, e o regulador da rede eléctrica de [[Kiev]] pediu que a redución de potencia en [[Chernóbil]] se pospuxese, xa que se precisaba enerxía para satisfacer o pico de demanda da tardiña. O director da central accedeu e pospuxo a proba.
 
Ás 23:04, o controlador de [[Kiev]] permitiu que continuase o apagado do reactor. Este atraso tivo algunhas consecuencias serias: a quenda de día había tempo que marchara, o de tarde estaba preparándose para saír, e o de noite non se faría cargo do traballo ata media noite. Segundo o plan, a proba debería estar rematada durante a quenda de día, e o nocturno só debería encargarse de manter os sistemas de refrixeración para baixar a calor na planta que debería estar apagada. OA quenda de noite tivo un tempo limitado para prepararse para o experimento. Realizouse unha redución máis rápida da potencia do 50% durante o cambio de quenda. Alexander Akimov era o xefe da nova quenda, e Leonid Toptunov era o operador responsable do réxime operacional do reactor, incluído o movemento das barras de control. Toptunov era un enxeñeiro mozo que levaba traballando uns tres meses.
 
O plan da proba requiría que a potencia do reactor 4 se reducise gradualmente a un nivel térmico de entre 700 e 1000 MW. O nivel establecido no programa (700 MW) acadouse ás 00:05 do [[26 de abril]]; porén, debido á produción natural de [[xenon]]-135, un [[gas]] moi absorbente de [[neutrón]]s, no núcleo, a potencia do reactor continuou diminuíndo, sen que ningún operador actuase. Cando a potencia acadou aproximadamente os 500 MW, Toptunov insertou por erro as barras de control demasiado lonxe, co que o reactor pasou a un estado non desexado de case-apagado. As circunstancias exactas son difíciles de coñecer, debido a que tanto Akimov como Toptunov morreron por enfermidades causadas pola [[radiación]].