Dinastía Qing: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anton45 (conversa | contribucións)
modelo
Anton45 (conversa | contribucións)
ligazóns internas
Liña 52:
[[Ficheiro:The Portrait of the Qing Dynasty Cixi Imperial Dowager Empress of China in the 1900s.PNG|miniatura|dereita|200px|A emperatriz Cixi]]
 
A '''Dinastía Qing''' ([[Lingua chinesa|chinés]]: 清朝, [[pinyin]]: Qīng Cháo, [[Wade-Giles]]: Ch'ing ch'ao; [[ Alfabeto Fonético Internacional|IPA]] t͡ɕʰíŋ t͡ʂʰɑ̌ʊ̯; [[Manchu language|Manchu]]: [[Ficheiro:daicing gurun.png|12px]], [[Paul Georg von Möllendorff|Von Möllendorff]]: Daicing Gurun), tamén coñecida coma a '''Dinastía Manchú''', foi a derradeira dinastía gobernante de [[China]], que estivo no poder entre [[1644]] e [[1912]] (cunha breve [[Zhang Xun (República de China)|restauración]] en [[1917]]). Foi precedida pola [[Dinastía Ming]], a derradeira dinastía [[han]] chinesa, e seguida pola [[República de China]] e a [[República Popular da China]].
 
A dinastía foi fundada polo clan [[manchú]] [[Aisin Gioro]] no que hoxe é o noreste de China (tamén coñecida coma [[Manchuria]]). Comeza en [[1644]] a expandirse pola propia China e os seus territorios circundantes, establecendo o '''Imperio do Gran Qing''' ([[chinés simplificado]]: 大清国, [[chinés tradicional]]: 大清國, [[pinyin]]: Dà Qīng Guó, [[Wade-Giles]]: Ta Ch'ing Kuo, ou [[chinés simplificado]]: 大清帝国, [[chinés tradicional]]: 大清帝國; [[pinyin]]: Dà Qīng Dì Guó, [[Wade-Giles]]: Ta Ch'ing Ti Kuo). A pacificación completa de China acadouse arredor de [[1683]] baixo o emperador [[Kangxi]].
 
Establecida orixinalmente coma a '''Última Dinastía Jin''' ([[chinés simplificado]]: 后金, [[chinés tradicional]]: 後金, [[pinyin]]: hòu jīn) ''Amaga Aisin Gurun'' en [[1616]], cambiou o seu nome a "''Qing"'', que significa "''claro"'' ou "''traslúcido"'' en [[1636]]. En [[1644]] [[Beijing]] foi saqueada por unha coalción de forzas rebeldes liderada por [[Li Zicheng]], un oficial Ming. O derradeiro emperador Ming [[Chongzhen]] suicidouse cando caeu a cidade, marcando o remate oficial da dinastía. Daquela, os [[manchúManchú|manchús]]s aliáronse co xeneral Ming [[Wu Sangui]] e tomaron o control de Beijing e derrubaron a curta [[Dinastía Shun]].
 
A pesar de que os manchús foron conquistadores estranxeiros, adoptaron rapidamente as tradicionais regras e costumes de goberno [[confucianismo|confucianas]] e terminaron por gobernar na mesma liña das dinastías nativas anteriores.
Liña 64:
Sen embargo, o seu poderío militar debilitouse a partir daquela. A Dinastía Qing comezou o seu declive a partir de mediados do [[século XIX]] por mor dos grandes conflitos sociais, coma a [[Rebelión Taiping]] ([[1851]]-[[1864]], o estancamento económico e a influencia [[mundo Occidental|occidental]]. O interese [[Reino Unido|británico]] en continuar o comercio de [[opio]] levou a numerosos conflitos con occidente, o que conlevou á [[Primeira Guerra do Opio]], en [[1840]]. O [[Reino Unido]] e outras potencias occidentais, ocuparon "concesións" á forza e gañaron privilexos comerciais. [[Hong Kong]] foi cedida aos británicos en [[1842]] polo [[Tratado de Nanquim]]. Tamén ocorreran naquel século a [[Rebelión Taiping]] ([[1851]]-[[1864]]).
 
A Dinastía Qing foi derrubada pola [[Revolución Xinhai]], cando a emperatriz [[Dowager Longyu]] abdicou no último emperador, [[Puyi]], o [[12 de febreiro]] de [[1912]].
 
[[Categoría:Historia da China]]