Diferenzas entre revisións de «Isaac Newton»

m (Bot: "ar:إسحاق نيوتن" é un artigo destacado; cambios estética)
'''Isaac Newton''', nado en Woolsthorpe, [[Lincolnshire]], o [[4 de xaneiro]] de [[1643]] e finado en [[Londres]] o [[31 de marzo]] de [[1727]], foi un [[Física|físico]], [[matemáticas|matemático]] e [[astronomía|astrónomo]] inglés. A súa contribución máis notable foi a [[lei da gravitación universal]], sobre a que [[Lagrange]] escribiu: "o sistema do mundo descúbrese unha soa vez". Pero a obra de Newton, pola súa contribución capital á ciencia moderna, ten unha importancia moito maior. Foi un dos creadores, xunto con [[Leibniz]], do [[cálculo infinitesimal]]. Tamén foi descubridor de varias leis da física, entre elas a [[lei da gravidade]]. Para el, a función da ciencia era descubrir leis universais e enuncialas de forma precisa e racional.
 
MARICÓN DE MERDA
== Traxectoria ==
Naceu o día de Nadal de 1642. Aos 18 anos foi enviado a [[Cambridge]], onde se distinguiu pouco a pouco dos demais alumnos e fixo moitas contribucións importantes á ciencia, sendo os chamados [[Principios de Newton]] os máis coñecidos. Estudou no [[Trinity College]], en [[Cambridge]], graduándose en [[1665]]. Un dos principais precursores da [[Ilustración]], o seu traballo científico sufriu forte influencia do seu profesor e orientador [[Isaac Barrow]] (desde 1663), e de [[Frans van Schooten]], [[François Viète]], [[John Wallis]], [[Descartes]], [[Pierre de Fermat|Fermat]] e [[Bonaventura Cavalieri]], das concepcións de [[Galileo Galilei|Galileo]] e [[Johanes Kepler|Kepler]], da teoría de [[Aristóteles]] sobre rectas tanxentes ás curvas, do traballo de [[Apolonio de Perge|Apolonio]] sobre cónicas e da xeometría de [[Euclides]].
 
=== Binomio de Newton ===
En [[1663]], formulou o teorema hoxe coñecido como [[binomio de Newton]]. Fixo as súas primeiras hipóteses sobre gravitación universal e escribiu sobre series infinitas e teoría do fluxo ([[1665]]). Por causa da peste, o Trinity College foi pechado en [[1666]] e o científico foi para casa, á súa facenda. Foi neste ano de retiro cando construíu catro das súas principais descubertas: o teorema binomial, o cálculo, a lei da gravitación e a natureza das cores. Construíu o primeiro telescopio de reflexión en [[1668]], e foi quen primeiro observou o [[espectro electromagnético|espectro]] visible que se pode obter pola descomposición da luz solar ao incidir sobre unha das faces dun prisma triangular transparente (ou outro medio de refracción ou de difracción), atravesándoo e proxectándose sobre un medio ou un anteparo branco. Optou, entón pola [[teoría corpuscular]] de propagación da luz, enunciándoa ([[1675]]) e contrariando a teoría ondulatoria de [[Huyges]].
 
Tornouse profesor de matemática en Cambridge ([[1669]]) e entrou na [[Royal Society]] ([[1672]]). A súa principal obra foi a publicación ''[[Philosophiae Naturalis Principia Mathematica]]'' (''Principios matemáticos dunha filosofía da natureza'' - [[1687]]), en tres volumes, un verdadeiro monumento científico, en que enunciou a [[lei da gravitación universal]], xeneralizando e ampliando as constatacións de [[Kepler]] ([[Leis de Newton]]), e resumiu as súas descubertas, principalmente o cálculo. Tratando esencialmente sobre física, astronomía e mecánica (leis dos movementos, movementos de corpos en medios resistentes, vibracións isotérmicas, velocidade do son, densidade do ar, queda dos corpos na atmosfera, presión atmosférica, etc), todo tratado con matemática pura, foi a súa consagración como maior científico da súa época.
 
En [[1696]] Foi nomeado ''Warden of the Mint'' e en [[1701]] ''Master of the Mint''. Foi elixido socio estranxeiro da [[Académie des Sciences]] en [[1699]] e tornouse presidente da Royal Society en [[1703]]. Publicou, en Cambridge, ''Arithmetica universalis'' ([[1707]]), unha especie de libro de texto sobre identidades matemáticas, análise e xeometría, posibelmente escrito moitos anos antes (talvez en [[1673]]).
 
Escribiu ([[1669]]) e publicou ([[1711]]) ''De analysi per aecuationes numero terminorum infinitas'', sobre series e cálculo. Escribiu ([[1671]]) e publicou ([[1742]]) ''Methodus fluxionum et serierun infinitorum'', sobre fluxos. Especialista en gravitación universal, na mecánica as súas principais contribucións foron a descuberta das terceira e última lei de movemento, despois chamada de [[principio da acción e reacción]], a lei da gravitación universal e a conceptualización precisa de masa, momento, inercia, forza e aceleración. coa demostración da lei da gravitación estaba creada a teoría da [[Mecánica Celeste]], movendo a descrición do mundo do terreo cinemático para o dinámico.
 
Estudou aínda forzas de resistencia e de viscosidade nos fluídos en repouso e en movemento, establecendo principios e relacións, e estableceu o cálculo da contracción dos chorros en descargas por orificios. Publicou tamén conclusións sobre escoamento en canais, velocidade de ondas superficiais e deslocamento do son no ar. Tamén escribiu sobre [[química]], [[alquimia]], [[cronoloxía]] e [[teoloxía]]. Esta preocupación de Newton con cuestións filosóficas, relixiosas e teolóxicas e seu envolvemento coa alquimia pode estar relacionado co feito que el pertenceu a unha [[Rosa-cruz|Orde Rosacruz]]. Modestamente caracterizouse por nunca dar moita importancia á publicacións das súas descubertas.
 
== As leis da dinámica ==
Usuario anónimo