Portal:Historia/Artigo destacado/xuño 2013: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
JaviP96 (conversa | contribucións)
m JaviP96 moveu a páxina "Portal:Historia/Artigo Destacado/xuño 2013" a "Portal:Historia/Artigo destacado/xuño 2013" sen deixar unha redirección
JaviP96 (conversa | contribucións)
 
Liña 1:
{{#REDIRECCIÓN [[Portal:Historia/Artigo Destacadodestacado/modelo11]]
|imaxe=HMS Queen Mary Jutland.jpg
|tamaño=200px
|pé=Explosión do cruceiro de batalla británico "HMS Queen Mary", ocurrido durante a batalla de Xutlandia, o 31 de maio de 1916. Dos 1.266 membros da tripulación, só 20 foron rescatados.
|texto=A '''batalla de Xutlandia''' (alemán: ''Skagerrakschlacht'') foi unha batalla naval que enfrontou á [[Grand Fleet]] da [[Royal Navy]] (que tamén incluía barcos e persoal individual da [[Royal Australian Navy]] e a [[Royal Canadian Navy]]) contra a [[Hochseeflotte]] da [[Kaiserliche Marine]] durante a [[Primeira Guerra Mundial]]. A batalla tivo lugar entre o [[31 de maio]] e o [[1 de xuño]] de [[1916]] no [[mar do Norte]] preto de [[Xutlandia]], [[Dinamarca]]. Foi a meirande batalla naval e o único enfrontamento a gran escala do conflito. Foi o terceiro encontro entre acoirazados de aceiro, tras as máis pequenas, pero tamén máis decisivas batallas do [[batalla do Mar Amarelo|Mar Amarelo]] (1904) e de [[batalla de Tsushima|Tsushima]] (1905) durante a [[guerra ruso-xaponesa]].
Tralo fin da batalla, ámbalas dúas partes reclamaron a vitoria. Os británicos perderon máis barcos e o dobre de mariñeiros, e a prensa do país criticou o fracaso da Grand Fleet para forzar un resultado decisivo, pero o plan de Scheer de destruír unha parte substancial da frota británica tamén fracasou. A "frota en potencia" alemá continuaba sendo unha ameaza, requirindo aos británicos manter os seus acoirazados concentrados no [[mar do Norte]], pero a batalla confirmou a política xermana de evitar calquera contacto entre frotas. Ao final do ano, despois de máis infrutuosos intentos de reducir a vantaxe numérica da [[Royal Navy]], a Kaiserliche Marine volveu os seus esforzos e recursos á guerra submarina sen restricións coa destrución de barcos aliados e neutrais, o que levaría en abril de [[1917]] á entrada dos [[Estados Unidos]] no conflito.
|ligazón=Batalla de Xutlandia
}}<noinclude>[[Categoría:Artigos destacados do portal historia|xuño 2013]]</noinclude>